Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (161/1998).

María Luísa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido,

fai saber:

Que neste xulgado se segue procedemento declarativo de menor contía, baixo o número 161/1998, promovido por Ramón Miguens Servia, representado polo procurador Juan Carlos Liñares Martínez, contra Tapicería Eirís, S.L., Josefa Ceferina Martínez Romero, Josefina López Hermo, José Roibás Lesta e Juan Prieto Acebo; acordouse admitir a trámite a demanda postulada, a cal se substanciará de acordo coas normas dispostas para o xuízo declarativo de menor contía, que articula a Lei de axuizamento civil, e empraza-la parte demandada para que, dentro do termo de vinte días improrrogables, compareza en autos en legal forma mediante avogado e procurador e conteste á demanda, co apercibimento de recaer sobre ela o prexuízo a que houber lugar en dereito, no caso de non o verificar.

E para que conste e lle sirva de emprazamento en legal forma, a tódolos fins e termos legais, a Josefa Ceferina Martínez Romero, José Roibás Lesta e á entidade Tapicería Eirís, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Noia o vintenove de abril de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado