Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (319/1998-M).

Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico: que en xuízo de faltas número 319/1998, seguido neste xulgado por estafa, nos que foi denunciante Antonio Collazo Facal, e denunciados Justo Vecino Sánchez e Juan Carlos Oreiro Varela, recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte.

Sentencia número... En Carballo o vintesete de abril de mil novecentos noventa e nove. Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas 319/1998, sobre estafa, nos que foron partes o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública; como denunciante, Antonio Collazo Facal e, como denunciados, Justo Vecino Sánchez e Juan Carlos Oreiro Varela, e comparecido o denunciante e non comparecidos os denunciados malia estaren citados en legal forma, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El Rei, dictou a seguinte.

Decisión: que debo condenar e condeno a Justo Vecino Sánchez e Juan Carlos Oreiro Varela, como autores penalmente responsables dunha falta de estafa, á pena para cada un deles, dun mes de multa, a razón de catrocentas pesetas de cota diaria, así como a indemniza-lo denunciante, de forma conxunta e solidaria, na cantidade de cinco mil cincocentas pesetas, e ó pagamento das custas causadas. Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Juan Carlos Oreiro Varela, que se atopa en paradoiro descoñe

cido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o trinta de abril de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado