Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.600

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde e se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos ó dito concurso-oposición.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), convocouse concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

Posteriormente e por resolución da División de Recursos Humanos do 11 de marzo de 1998 (DOG nº 54, do 20 de marzo), nomeáronse os tribunais cualificadores do dito concurso-oposición.

En cumprimento da sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 31 de xullo de 1998, que declara a nulidade dalgunhas das bases da Resolución do 23 de xullo de 1997, así como tamén dos actos posteriores que dela traen causa, por resolución desta división do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), modifícanse algúns aspectos daquela e decláranse anulados como actos posteriores á convocatoria que dela traen causa os exercicios realizados polos aspirantes a cada unha das clases, así como as puntuacións obtidas por eles.

Xa que logo, debe comezarse de novo o proceso selectivo e proceder igualmente a nomea-los tribunais cualificadores e confirma-la lista de aspirantes definitivamente admitidos.

Por todo isto, e de acordo co establecido na base quinta da Resolución do 23 de xullo de 1997 que, ó non ser modificada, segue en vigor, este centro directivo

DISPÓN:

Primeiro.-Nomea-los membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997, modificada nalgúns aspectos pola Resolución do 28 de decembro de 1998, e que aparecen relacionados, para cada unha das ditas clases, no anexo desta resolución.

Segundo.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos para participaren no concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

As listas coa relación definitiva de aspirantes admitidos poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Socias.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

Terceiro.-Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da Resolución do 23 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

Tribunal: inspectores médicos

Membros titulares:

Presidente: Manuel A. Silva Romero.

Secretario: Arturo Hermida Paredes.

Vocais:

Juan Ducet Robert.

Joaquín Rodríguez Gómez.

Francisco Soriano Paredes.

Mª Rosario García Villadangos.

Cayetano V. Galán Millán, en representación da organización sindical (UGT).

Membros suplentes:

Presidente: Valeriano Martínez García.

Secretario: Andrés Castro Bande.

Vocais:

Pilar Mata Freire.

Jaime Torres Rey.

José Mª Gallego Carracedo.

Yolanda Lesmes Romero.

Juan Carlos Fernández Fernández, en representación da organización sindical (UGT).

Tribunal: inspectores farmacéuticos

Membros titulares:

Presidenta: Berta Cuña Estévez.

Secretaria: Mª Rosario García Villadangos.

Vocais:

Ana Vilar Carneiro.

José Manuel Pose Reino.

Miguel Abad Vila, en representación da organización sindical (CSIF).

Membros suplentes:

Presidenta: Teresa Chuclá Cuevas.

Secretario: Francisco Javier Patiño Patón.

Vocais:

Amparo Sanjosé Villace.

José Antonio Valcárcel Nogueira.

Mª Soledad Rodríguez Basalo, en representación da organización sindical (CSIF).

Tribunal: subinspectores sanitarios

Membros titulares:

Presidente: Francisco José López Rois.

Secretario: Francisco Javier Patiño Patón.

Vocais:.

Mª Consuelo García Corral.

Anahí Garea Sanluis.

Margarita Castiñeira Pérez, en representación da organización sindical (SATSE).

Membros suplentes:

Presidente: Valeriano Martínez García.

Secretario: Andrés Castro Bande.

Vocais:

Mª del Carmen García Mata.

Mª Inocencia Pazos Díaz.

Mª del Carmen García Rivas, en representación da organización sindical (SATSE).