Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave N/LU/95.3 e N/LU/91.10.

a) Obra.

1. Acondicionamento das estradas LU-644 e LU-643. Treitos: Rubián-Cruz do Incio e Rubián-Laiosa.

Clave: N/LU/95.3.

Orzamento: seiscentos noventa e cinco millóns novecentas trinta e sete mil novecentas dezasete pesetas (695.937.917).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría e.

Grupo A, subgrupo 2, categoría e.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Fianza provisional: 13.918.758.

2. Acondicionamento da estrada LU-111 Camiño de Rábade a Cospeito. Treito: Rábade-Cospeito.

Clave: N/LU/91.10.

Orzamento: cincocentos oitenta e un millóns catrocentas cincuenta e tres mil duascentas trinta e seis pesetas (581.453.236).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 11.629.065.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda