Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 152/1999, do 20 de maio, polo que se determina a integración de determinado persoal da Deputación Provincial de Lugo na Xunta de Galicia, derivada da transferencia de centros de educación secundaria, de réxime especial, de educación especial e outros, para a súa inclusión na rede docente pública.

O Decreto 213/1998, do 10 de xullo, dispón, de acordo co artigo 31 do Estatuto de autonomía, que a Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria ten competencia plena para a planificación, regulación e administración do ensino regrado, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, correspondéndolle máis concretamente a elaboración, supresión, aprobación e execución de proxectos de novas construccións, reforma, ampliación e mellora dos existentes, así como o equipamento referente ós centros públicos, segundo se establece no Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Deputación Provincial de Lugo ten como funcións propias, entre outras, a prestación de servicios públicos de carácter supramunicipal.

Ámbalas dúas partes asinaron con data do 4 de xullo de 1987 un convenio de colaboración para o funcionamento de diversos centros docentes de titularidade pública da citada deputación.

Con posterioridade ó mesmo convenio, aprobáronse a Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo e a Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, de participación, avaliación e goberno dos centros docentes, disposicións que introducen importantes novidades no que atinxe á estructura do sistema educativo.

Por todo iso, de acordo co principio de colaboración para o mellor servicio dos fins públicos que lle son propios ás citadas administracións, e de conformidade co respecto mutuo ós ámbitos competenciais que lles corresponden e co ordenamento xurídico, subscribiuse o 18 de setembro de 1997 un convenio de colaboración entre as citadas partes, sobre transferencia dos centros da Deputación Provincial de Lugo do Colexio Público de Xordos Santa María, Centro de Educación Especial nº 2, Escola Oficial de Idiomas de Lugo e o Centro de Educación Especial nº 1 de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei).

Na cláusula quinta do referenciado convenio de colaboración determínase o compromiso da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de inicia-lo expediente de transferencia do persoal procedente da Deputación Provincial de Lugo ante os órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Así, tramitouse a integración do persoal laboral por acordo entre a Administración autonómica e o Comité Intercentros segundo o previsto no artigo 48.6º e) do vixente convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e xunto coa de persoal funcionario levouse á Comisión de Persoal da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda integrado na Xunta de Galicia o persoal que figura no anexo deste decreto.

Artigo 2º

O persoal laboral que presta os seus servicios nos centros que se transfiren intégrase no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e as súas condicións de adscrición serán as establecidas ó abeiro do artigo 48.6.e do dito convenio.

Artigo 3º

O persoal funcionario, no que respecta á súa situación administrativa, rexerase pola Lei da función pública de Galicia, para tódolos efectos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os efectos administrativos e retributivos derivados da homologación ou asimilación co resto do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia, nos termos que correspondan de conformidade coa normativa vixente, produciranse a partir do día primeiro do mes seguinte ó da publicación da relación de postos de traballo no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-As organizacións de representación do persoal transferido da Deputación Provincial de Lugo á Xunta de Galicia, de acordo co convenio subscrito o 18 de setembro de 1997 entre a devandita deputación e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quedarán extinguidos e disoltos desde a data da publicación deste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

PERSOAL LABORAL FIXO

APELIDOS E NOMEGRUPOCATEGORÍA

SANDE REIJA, MARÍA LUZIV1

FERNÁNDEZ FOLGUEIRA, MOTSERRATIV4

APELIDOS E NOMEGRUPOCATEGORÍA

ANDRADE DÍAZ, HERMINIA ANTONIAIV4

ROZAS ALONSO, JESÚSV3

RODRÍGUEZ GOLPE, CRISTINAIV1

FERNÁNDEZ GABIEIRO, MARÍA DEL PILARIV5

ARMESTO PARADELA, MERCEDESV3

CARBIA CASTRO, PURIFICACIÓNV1

LÓPEZ CASTRO, MARÍA TERESAIV4

SERANTES PÉREZ, MARÍA EUGENIAIV1

FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, LUISV3

PERSOAL FUNCIONARIO

APELIDOS E NOMEGRUPO

LÓPEZ FERREIRO, BALBINAE-SUBALTERNO

VARELA SÁNCHEZ, MARÍA JOSÉE-SUBALTERNO

RODRÍGUEZ TRIGO, PABLOE-SUBALTERNO

LOMBÁN LÓPEZ, MARÍA CARMENE-SUBALTERNO

CHAO LÓPEZ, MARÍA LUISAE-SUBALTERNO

CASTRO CAMPO, MARÍA JOSÉE-SUBALTERNO