Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 31 de maio de 1999 Páx. 6.538

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 151/1999, do 7 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en mecanizado.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás Administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2419/1994, do 16 de decembro, establece o título de técnico en mecanizado e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensinanza secundaria e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na prác

tica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de maio de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en mecanizado, regulado polo Real decreto 2419/1994, do 16 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia son as que se expresan no apartado 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste apartado serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de maio de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: mecanizado.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las distintas operacións nos procesos de mecanizado, controlando os productos obtidos, así como o funcionamento, posta en marcha e parada dos equipos, responsabilizándose do mantemento de primeiro nivel dos equipos e obtendo a producción nas condicións de calidade, seguridade e prazo requirido.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpretar planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación e outras informacións asociadas á producción que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.

* Operar e controla-los equipos, máquinas e ferramentas, de forma autónoma e en condicións de seguridade, coa técnica adecuada á producción, atendendo a prioridades establecidas e a principios de rendibilidade, calidade e prazo esixidos.

* Responder da preparación e programación dos equipos de control e posta a punto e correcto funcionamento de máquinas, ferramentas e útiles baixo a súa responsabilidade, resolvendo as incidencias que xurdan no desenvolvemento do seu traballo e que impliquen a intervención sobre os ditos elementos, tendo en conta ademais os parámetros de seguridade e calidade establecidos.

* Interpretar e comprende-la información dos instrumentos de control co fin de intervir sobre a máquina ou sistema para obte-lo producto dentro das tolerancias admitidas.

* Detecta-los diferentes defectos obtidos durante a producción e identifica-los parámetros sobre os que hai que actuar para a súa corrección.

* Realiza-las operacións de control de calidade en mecanizado, aplicando os procedementos establecidos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Analiza-las posibles prestacións das máquinas e equipos que interveñen no proceso de mecanizado, identificando os parámetros de regulación e control, co fin de obte-lo seu máximo aproveitamento e propor posibles melloras dos procesos productivos, tendo en conta os parámetros de seguridade e calidade establecidos.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso de fabricación por mecanizado, comprendendo a función dos diversos equipos e máquinas co obxecto de alcanza-los obxectivos da producción.

* Organiza-lo traballo dos operarios que forman parte do seu equipo, realizando o seguimento da producción e as características técnicas dos productos mecanizados e supervisando as condicións de seguridade.

* Cumpri-la súa actividade con orde, rigor e limpeza de acordo coa documentación e instruccións xerais recibidas, prevendo riscos persoais e de grupo derivados do manexo de máquinas, medios auxiliares e de materiais.

* Manter relacións fluídas co resto do grupo no que está integrado e participar activamente na organización e desenvolvemento das tarefas colectivas para a consecución dos obxectivos asignados, mantendo unha actitude tolerante e respectando o traballo dos demais compañeiros e subordinados.

* Establecer comunicacións verbais escritas ou gráficas con outros departamentos para obte-la materia prima necesaria para a producción, así como cursar solicitudes de reparación dos diferentes medios de producción e control ou realización de útiles ou accesorios, utilizando sempre a linguaxe técnica adecuada.

* Administrar e/ou xestionar unha pequena empresa ou taller de equipo autónomo nos aspectos productivo, administrativo, comercial e laboral.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico de forma autónoma, no marco das técnicas propias da profesión baixo métodos establecidos.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ós diversos postos de traballo en relación co proceso de mecanizado, así como as novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios tecnolóxicos producidos na evolución da profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concedidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* A preparación de máquinas e equipos de mecanizado por arrinque de labra, abrasión, conformado e especiais.

* A programación e axuste de variables de mecanizado en máquinas e equipos.

* O mecanizado de pezas unitarias e pequenas series.

* O mantemento do primeiro nivel das máquinas e equipos de mecanizado.

* O transporte de materiais e productos necesarios para a realización do mecanizado.

* A comprobación das características do producto mecanizado.

* A realización de ensaios destructivos e non destructivos.

* A recollida de datos asociados ó proceso de mecanizado.

2.4. Unidades de competencia:

1. Determina-los procesos de mecanizado de pezas unitarias.

2. Preparar e programar máquinas e sistemas para proceder ó mecanizado.

3. Mecaniza-los productos por arrinque de labra.

4. Mecaniza-los productos por abrasión, conformados e procedementos especiais.

5. Comproba-las características do producto.

6. Realiza-la administración, xestión e comercialización dunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: determina-los procesos de mecanizado de pezas unitarias:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Obte-la información técnica para a fabricación, a partir do plano da peza e do plano de mecanizado.* Como consecuencia da análise do plano da peza:-Determínase o procedemento de fabricación da peza. (fundición, forxa, estampación, mecanizado...)
-Determínase a sucesión das operacións de mecanizado que se debe realizar.
-Selecciónanse as máquinas-ferramentas que se van utilizar nas diferentes fases.
-Selecciónanse os dispositivos de suxeición, ferramentas de corte, equipo de verificación e datos tecnolóxicos de corte.
* Do estudio do plano de mecanizado identifícase:
-Material que hai que empregar.
-Forma e estado da peza en bruto.
-Dimensións finais.
-Tratamento térmico e superficial.
-Tolerancias de forma e dimensión.
-Signos de mecanizado (máquina que se debe utilizar, calidade e precisión das superficies).
-Especificacións particulares (superficie de partida, superficie de referencia, superficie ou memorias).
* Os procedementos especificados, permiten realiza-lo mecanizado coa calidade definida e o mínimo custo.
* As secuencias determinadas permiten realiza-lo mecanizado segundo normas e especificacións requiridas.
* Establécense as normas de seguridade e uso aplicables ás operacións de mecanizado no posto de traballo.

1.2.Establece-lo proceso de mecanizado: fases, parámetros de corte, tempos, a partir dos planos de despezamento e das especificacións técnicas, asegurando a factibilidade do mecanizado, conseguindo a calidade do proceso e optimizando os tempos e custos.* O establecemento do proceso de traballo realízase aplicando os cálculos necesarios.

* A interpretación dos planos e especificacións técnicas permiten coñecer con claridade e precisión o traballo que se debe realizar.

* O proceso de mecanizado obtén a calidade adecuada e optimiza os tempos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os parámetros de mecanizado (velocidade de corte, avance, profundidade...) selecciónanse en función do material e das características da peza que hai que mecanizar, así como das ferramentas de corte (tipo, material...).
* As operacións de mecanizado son adecuadas á máquina e determínanse en función do material e da calidade requirida.
* Prevense as actuacións necesarias sobre as operacións, anteriores ou posteriores que afectan ó proceso de mecanizado.
* O proceso de mecanizado realízase tendo en conta as operacións previas e posteriores a el.
* Na determinación do proceso conxúganse adecuadamente:
-As características da peza (forma xeométrica, dimensións, precisións e peso).
-Os medios dispoñibles para mecaniza-la peza (máquinas, ferramentas, aparellos...).
-A dispoñibilidade das máquinas no momento de face-la peza.

1.3.Selecciona-los utensilios e ferramentas necesarios para o mecanizado, en función do tipo de pezas e do proceso de mecanizado.* As ferramentas e utensilios seleccionados son os adecuados para realiza-lo mecanizado en función do tipo de material, calidade requirida e dispoñibilidade dos equipos.

* Téñense en conta as especificacións do fabricante para elixi-las ferramentas.

* Elíxense as ferramentas e utensilios que permiten o mecanizado no mellor tempo e custo posible.

1.4.Determina-los aparellos necesarios para a suxeición de pezas e ferramentas asegurando a factibilidade, optimizando o proceso e cumprindo os obxectivos de custo establecidos.* O deseño realízase segundo as normas de representación gráfica establecidas.

* O aparello definido optimiza a realización das operacións do proceso.

* O deseño definido é completo e permite o desenvolvemento e a construcción do aparello.

* No deseño defínense os elementos de rixidización provisionais que se deben colocar durante o proceso, así como os accesorios necesarios para a manipulación dos elementos.
* O aparello definido no deseño permite o seu cambio no tempo mínimo e en condicións de seguridade.
* O custo do aparello definido está dentro dos limites admitidos
* Propóñense as posibles melloras dos utensilios e ferramentas dispoñibles.

1.5.Elabora-lo orzamento de fabricación de pezas unitarias a partir da información técnica subministrada, identificando, avaliando e expresando correctamente os datos, magnitudes e resultados, coa marxe de erro establecida.* A valoración do custo do producto realízase tendo en conta tódolos factores implicados (relación calidade/prezo, prazo de entrega...)

* A avaliación cuantitativa do custo realízase utilizando adecuadamente a documentación necesaria (táboas, guías...).

* Na confección do orzamento téñense en conta tódalas variables que interveñen (custo de materiais, custo de man de obra, custo de ferramentas, custos indirectos, tempos estándar non productivos, tempos productivos...), quedando reflectidos con exactitude os custos totais.

* No orzamento figura, de forma concisa e clara, a descrición completa das operacións que hai que realizar, utilizando a documentación e terminoloxía adecuadas.
* As condicións establecidas no orzamento respectan a normativa vixente e son claras e suficientes para evitar, na medida do posible, os conflictos entre as partes.

Dominio profesional

-Medios de producción utilizados:

Catálogos de ferramentas. Manuais de máquinas e accesorios. Calculadora. Manuais de mantemento.

-Medios de producción relacionados:

Máquinas-ferramenta por arrinque de labra (tornos, fresadoras, tradeadoras, punteadoras, brochadoras, mandriñadoras ). Máquinas especiais de mecanizado (electroerosión, penetración, electroerosión, plasma, láser, feixe de electróns, chorro de auga, ultrasóns...). Máquinas de conformado (extrusionadoras, trefiladoras, termoconformado, prensas...). Máquinas de abrasión (rectificadoras cilíndricas, rectificadoras planas, rectificadoras de roscas, rectificadoras perfís, punteadoras rectificadoras...). Sistemas de amarre estándar e aparellos específicos. Ferramentas de corte e conformados especiais (brocas, coitelas, fresas, cuños, matrices, matrices para embutición, matrices progresivas, brochas, escariadores...). Accesorios estándar e especiais para o mecanizado. Ferramentas. Elementos de transporte e manutención. Utensilios de trazado.

-Materiais e productos intermedios:

Lubricantes, refrixerantes, perfís metálicos, non metálicos, e productos semielaborados (fundición e forxa).

-Productos ou resultados do traballo:

Procesos de mecanizado establecidos. Tempos de mecanizado para a valoración de ofertas. Información para a optimización do proceso. Información para a fabricación (carga de máquinas). Descrición dos aparellos, sistema de amarre, listas de materiais e ferramentas que se deben utilizar no proceso. Orzamentos para a fabricación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de mecanizado. Procedementos de deseño.

-Información utilizada:

Planos, follas de proceso para diferentes tipos de mecanizado. Tipos, xeometría e calidades de ferramentas. Material que se debe mecanizar. Parámetros de corte. Sistemas e utensilios de amarre, capacidades e modo operativo da máquina. Sistemas de alimentación.

-Información xerada:

Folla de instruccións. Deseño dos aparellos para a suxeición de pezas e ferramentas. Orzamentos de fabricación de pezas unitarias.

2.5.2. Unidade de competencia 2: preparar e programar máquinas e sistemas para proceder ó mecanizado:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Realiza-lo trazado de pezas para proceder ó seu mecanizado, a partir da información técnica e planos de despezamento, asegurando a súa viabilidade.* O trazado aporta a información que define correctamente a peza para o seu mecanizado (eixos, centros de buracos, límites de mecanización, liñas de referencias...).

* O trazado realízase segundo as especificacións técnicas e a normativa específica.

* Os medios informatizados (control numérico, iluminación selectiva en curvas de nivel) utilizados para o trazado axústanse ás necesidades requiridas (acabado, precisión, tolerancias...).

RealizaciónsCriterios de realización

* O marcado realízase cos productos adecuados (xeso coloidal, pintura, sulfato de cobre, golpe de granete... ), en función da manipulación, temperatura... e de acordo coas especificacións técnicas.
* Para o marcado empréganse os medios auxiliares adecuados como modelos e patróns.
* O trazado realízase cos utensilios adecuados (punta de trazar, regra, calibre, compás, gramil...), de acordo co establecido cos planos de fabricación.
* As medidas tomadas permiten realiza-lo trazado correctamente.
* O marcado permite coñece-las características de forma e dimensionais das pezas que se deben mecanizar.
* O trazado e o marcado realízanse coa precisión adecuada e requirida para logra-la calidade esperada do mecanizado.

2.2.Seleccionar e montar ferramentas e sistemas de amarre das pezas, de acordo co proceso establecido, asegurando o mecanizado no tempo previsto con calidade e seguridade adecuadas.* A correcta interpretación dos planos e especificacións técnicas permite a selección do procedemento e organización do traballo idóneas.

* O tempo de realización axústase ós límites establecidos.

* Os utensilios cumpren as especificacións técnicas descritas e non permiten a deformación das pezas que suxeitan.
* A montaxe dos utensilios realízase coas ferramentas adecuadas, coidando da limpeza dos apoios e o bo estado de conservación, e conséguense as cotas de montaxe especificadas.
* Os utensilios e ferramentas están en bo estado de afiadura e conservación e permiten obte-los resultados previstos segundo modificacións.
* Téñense en conta as especificacións iniciais do fabricante para elixi-las ferramentas.
* As ferramentas foron reguladas en función do proceso establecido.
* Os pares de apertamento son os axeitados.
* O axuste realízase segundo as especificacións técnicas do fabricante.
* A montaxe realízase coa máquina parada e coa seguridade adecuada.

2.3.Montar e regula-los accesorios ou dispositivos para mecanizar ou alimenta-las máquinas en función da orde de fabricación para consegui-los parámetros de mecanizado establecidos.* A regulación da máquina realízase atendendo ó manual de uso.

* A montaxe realízase segundo instruccións do fabricante e de acordo coas normas de seguridade aplicables.

* Os elementos están en boas condicións de funcionamento.

* Interprétanse correctamente os planos ou especificacións técnicas obtendo as cotas, parámetros e instruccións necesarias.
* Identifícanse os órganos da máquina encargados de axusta-los parámetros de mecanizado, conseguindo os valores especificados dos parámetros.
* Os elementos de lubricación/refrixeración están en condicións de uso e garanten a seguridade.
* A colocación e regulación dos elementos de alimentación garanten a consecución do proceso .

2.4.Realiza-lo programa de control numérico por ordenador (CNC) sobre a máquina, a partir da orde de fabricación, e colaborar na súa optimización, proporcionando modificacións que melloren a calidade.* O programa de CNC establece correctamente:.-A orde cronolóxica das operacións.-As ferramentas utilizadas.-Os parámetros de operación.-As traxectorias.

* O programa de CNC establécese conxugando adecuadamente:.

RealizaciónsCriterios de realización

-As prestacións da máquina (potencia, velocidades e esforzos admisibles).
-As características do control numérico (tipo de control, formato de bloque, codificación de funcións...).
-A xeometría da peza, o tamaño da serie e os acabados que hai que conseguir.
-As dimensións en bruto da peza antes da súa montaxe na máquina.
-O cero máquina/peza. .
-O tipo de ferramenta e os utensilios necesarios.
-O almacenamento e a alimentación automática de ferramentas.
* A programación da máquina realízase en función do tipo de mecanizado, tipo de ferramenta, velocidade de traballo, esforzos e tipo de material para mecanizar.
* O mecanizado é viable e desenvólvese nunha secuencia lóxica e no menor tempo posible.
* A traxectoria da ferramenta é a adecuada segundo a tecnoloxía de corte.
* A programación permite variar e axustar algúns parámetros do programa adaptándoos ás esixencias dos distintos traballos.
* O programa establécese atendendo as normas de seguridade.

2.5.Introducir (ou transferir) e verifica-lo programa de CNC a pé de máquina, preparando as máquinas segundo as necesidades de producción, asegurando o mecanizado no tempo, coa calidade e seguridade adecuadas.* O programa introducido e a referencia de posición da peza na máquina dan resposta á traxectoria prefixada, cumprindo cos requirimentos do plano de peza correspondente.

* A introducción do programa non destrúe información ou programas necesarios na máquina, nin interfire no proceso de mecanizado.

* A introducción ordenada e secuenciada das ordes de programación permite a obtención das formas requiridas das pezas, evitando movementos indesexados delas durante o proceso de mecanizado, sendo eliminados, se procede, con posterioridade.
* Os parámetros de operación (velocidade de corte, profundidade, avances, posición da ferramenta ...) fíxanse de acordo coas características do material e o procedemento especificado.
* A preparación da máquina realízase en función do tipo de mecanizado, ferramenta, material, esforzo e velocidade de corte.
* Os medios de fixación das pezas que deben ser mecanizadas permiten realiza-las operacións de mecanizado coa precisión e seguridade requiridas.
* Os programas arquívanse cunha orde lóxica.
* Os desprazamentos relativos entre pezas e ferramentas e o avance e velocidade de rotación de cada fase de mecanizado son previstos polo programa.
* A verificación do programa de CNC permite variar e axustar parámetros do programa adaptándoos ás esixencias do traballo.
* O axuste dalgúns parámetros do programa permite adaptalos ás esixencias doutros traballos parecidos.
* A verificación permite comprobar que o mecanizado é viable e se desenvolve en secuencia lóxica.
* O ciclo en baleiro ou, se é o caso, a primeira peza, permite confirmar que se obtén a calidade prevista.

RealizaciónsCriterios de realización

2.6.Configura-las máquinas ou instalacións automáticas de mecanizado, segundo a documentación técnica e as características do sistema, preparando e montando os utensilios de amarre e accesorios requiridos, en condicións de seguridade.* Determínase o traballo que se debe realizar, interpretando os planos e as especificacións técnicas do producto e proceso (secuencia de operacións, utensilios empregados...).

* Os utensilios e accesorios (elementos de suxeición, cuños...), selecciónanse tendo en conta o proceso que se vai realizar e as especificacións de uso e montaxe do fabricante.

* A montaxe dos utensilios realízase coas ferramentas axeitadas, coidando a limpeza dos apoios e o bo estado de conservación de acordo coas especificacións técnicas (secuencias, pares de aperte, regulación...), así como coas do fabricante, cumprindo as normas de seguridade.

* Os utensilios e accesorios están en bo estado de limpeza e conservación e permiten obte-los resultados previstos segundo a especificación.

2.7.Programa-los equipos (PLC e robots) ou instalacións sobre eles en función do proceso de traballo, conseguindo a actuación precisa e optimizando a utilización, en condicións de seguridade.* As especificacións técnicas do programa (desprazamentos, velocidades, forzas de amarre...) obtéñense da interpretación da documentación técnica (planos, procesos, manuais de uso...).

* O programa realízase segundo as especificacións técnicas do proceso (secuencia, parámetros de suxeicións, velocidades... ) e ten a sintaxe adecuada ó equipo que debe programar.

* A interacción entre o sistema mecánico auxiliar e a máquina realízase no momento adecuado, co menor tempo posible e co máximo grao de utilización.
* O desprazamento dos manipuladores e robots realízanse sen colisións, tendo en conta as normas de seguridade persoal e de equipos.
* O programa determina que o sistema execute o proceso de alimentación, segundo especificacións técnicas.

2.8.Operar cos elementos de regulación das instalacións automáticas de mecanizado para garanti-lo seu correcto funcionamento, de acordo co proceso establecido e en condicións de seguridade.* Os parámetros regulados (velocidade, caudal, presión) axústanse ás especificacións técnicas do proceso e están dentro dos límites tolerables polos sistemas.

* Os movementos dos elementos regulados (cilindros, pinzas, motores...) realízanse no menor tempo posible e atendendo as normas de seguridade das persoas e equipos.

* As variables (velocidade, forza, presión,..) verifícanse utilizando os instrumentos adecuados e calibrados.

2.9.Introducir (ou transferir) os programas de robots ou PLC's verificándoos mediante simulación ou en primeiro ciclo de baleiro, para garanti-lo correcto funcionamento do sistema, asegurando o mecanizado no tempo establecido, coa calidade e seguridade adecuadas.* O programa introducido e a referencia de posición da peza na máquina dan resposta á traxectoria prefixada, cumprindo cos requirimentos do plano da peza correspondente.

* A introducción do programa non destrúe información ou programas necesarios na máquina, nin interfire no proceso de mecanizado.

* A introducción ordenada e secuenciada das ordes de programación permite a obtención do tratamento especificado, evitando movementos indesexados delas durante o proceso de mecanizado, eliminados, se procede, con posterioridade.
* A verificación do programa permite axusta-las súas variables (desprazamento, secuencia, velocidade...) adaptándoas ás esixencias do traballo.

RealizaciónsCriterios de realización

* O axuste dalgúns parámetros do programa permite adaptalos ás esixencias doutros traballos parecidos.
* A optimización do tempo realízase regulando os elementos que controlan os parámetros do proceso.
* As traxectorias programadas garanten a seguridade das persoas, equipos e instalacións.

2.10.Realiza-lo transporte e manutención dos aparellos, accesorios e pezas para poder levar a cabo a orde de fabricación, conseguindo a manipulación correcta sen danos e en condicións de seguridade.* Os equipos e medios definidos para o transporte dos aparellos, accesorios, materias e pezas son os adecuados para non producir deterioracións neles, adáptanse ás características do taller e cumpren coas normas de seguridade establecidas.

* Utilízanse os elementos de transporte e elevación axeitados, en función das características do material que hai que transportar.

* Os movementos dos elementos realízanse en condicións de seguridade, tanto para o persoal como para os propios elementos.

2.11.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel dos equipos e instalacións segundo o manual de instruccións, comunicando as anomalías que non poidan resolver no tempo e forma axeitados.* O mantemento de primeiro nivel realízase tendo en conta como referencia a documentación técnica, ficha de mantemento, instruccións de empresa e normas de seguridade.

* Obsérvase que os elementos de medida e control de equipo e instalacións funcionan correctamente.

* A substitución dos elementos avariados ou desgastados restablece as condicións normais de funcionamento, de forma segura e eficaz.
* Unha vez utilizado realízase sempre a limpeza do equipo.
* O cambio de compoñentes substituíbles realízase, sempre que estes o requiran, con recambios homologados e adaptándose ás características orixinais.
* Os elementos susceptibles de engraxe lubrícanse coa periodicidade establecida.
* Os depósitos dos lubricantes mantéñense nos niveis óptimos.
* Os refrixerantes e lubricantes de corte mantéñense coas características especificadas.
* A observación dos parámetros de funcionamento dos equipos e instalacións detecta síntomas de avaría ou mal funcionamento.
* O control dos mínimos «stocks» de elementos de reposto así como do estado de conservación e localizacións están actualizados.
* O rexistro da periodicidade dos controis e revisións efectuados realízanse de acordo co plan de mantemento.
* As necesidades de mantemento que superen a responsabilidade asignada transmítense con prontitude e formas axeitadas ó servicio de mantemento e reparación.
* As normas de seguridade obsérvanse durante a realización das diversas operacións de mantemento.

2.12.Organizar e supervisa-lo traballo do equipo de operarios ó seu cargo, partindo da orde de fabricación e instruíndoos se é necesario.* Os operarios ó seu cargo coñecen os medios, ferramentas e procesos que teñen que utilizar.

* Os operarios ó seu cargo coñecen os cometidos e procedementos de traballo.

* Fórmanse os operarios ó seu cargo sobre os cambios tecnolóxicos e/ou operativos necesarios para o desenvolvemento do traballo.

* Foméntanse as actitudes positivas cara ó traballo e cambios tecnolóxicos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Poténciase o ambiente crítico e de mellora continua.
* Garántese que as tarefas asignadas son executadas de forma adecuada e no tempo previsto.
* As instruccións son suficientes e precisas, evitando erros na interpretación e execución das ordes de traballo.

2.13.Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno productivo, resolvendo conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.* Difúndense os procedementos da empresa entre os membros que a constitúen, para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.

* Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, respéctase a lexislación laboral.

* Promóvense e, se é o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da empresa nos aspectos de calidade, productividade e servicio.
* O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas, e entre elas e a súa actividade ou traballo.
* Establécese un plan de formación continuada para consegui-la formación técnica do persoal.
* Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo, tomándose as medidas para os resolver con prontitude.
* Recóllese información adecuadamente, antes de tomar unha decisión para resolver problemas de relacións persoais, consultando, se fora preciso, o inmediato superior.
* Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a documentación dispoñible coa mínima demora.

2.14.Actuar segundo o plano de seguridade e hixiene da empresa levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de emerxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis axeitados para cada actuación sendo o seu uso e coidado os correctos.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno do traballo e tómanse as medidas preventivas axeitadas para evitar accidentes.

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das difusións e casos perigosos observados .
* Nos casos de emerxencia:.
-Realízase o paro da maquinaria de forma axeitada e prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.
-Actúase segundo o especificado no plano de seguridade.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Máquinas-ferramenta por arrinque de labra (tornos, fresadoras, punteadoras, mandriñadoras, brochado

ras...), máquinas especiais de mecanizado (electroerosión, penetración, fío, plasma, láser, feixe de electróns, chorro de auga, ultrasóns...), máquinas de conformado (extrusionadoras, trefiladoras, termoconformado, prensas...), máquinas de abrasión (rectificadoras cilíndricas, rectificadoras planas, rectificadoras de roscas, rectificadoras perfís, punteadoras rectificadoras...). Sistema de amarre estándar e aparellos específicos. Ferramentas de corte e conformados especiais (brocas, coitelas, fresas, cuños, matrices, matrices para embutición, matrices progresivas, brochas, escariadores...). Accesorios estándar e especiais para o mecanizado. Periféricos de comunicación de CNC. Ferramentas. Manuais de mantemento. Elementos de transporte e manutención. Utensilios de trazado. Sistemas automáticos de alimentación. Consolas de CNC. Manuais de CNC. Máquinas de CNC. Calculadoras. Robots, manipuladores...

-Materiais e productos intermedios:

Lubricantes. Refrixerantes. Perfís metálicos, non metálicos e productos semielaborados (fundición, forxa...).

-Productos ou resultado do seu traballo:

Programas para CNC. Secuencias de mecanizado. Información para fabricación (carga de máquinas). Programas que controlan sistemas. Programas para controlar robots, manipuladores... Máquinas e sistemas preparados para a producción. Pezas tratadas ou semimecanizadas e listas para a fabricación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos estandarizados de preparación e utilización de pezas, máquinas e sistemas. Normas de seguridade. Utilización de axudas á programación de CNC. Utilización de simulación gráfica de CNC. Procedementos estandarizados de programación. Sistema de medición e marcaxe de pezas. Técnicas de mecanizado.

-Información utilizada:

Planos de despezamento. Planos de fabricación. Especificacións técnicas. Catálogos de material e ferramentas. Manuais de máquinas e accesorios. Características de elementos auxiliares de mecanizado e estampado. Características de elementos de trazado. Características de elemento de suxeición e nivelación. Tipo de programación. Parámetros de calidade no mecanizado. Instruccións do proceso. Instruccións de mantemento de uso.

-Información xerada:

Programa de CNC. Ficha de parámetros de posta a punto. Fichas de resultado de realización da primeira peza. Folla de incidencias. Parte de traballo. Folla de instruccións. Información para o mantemento.

2.5.3. Unidade de competencia 3: mecaniza-los productos por arrinque de labra:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realiza-las operacións de mecanizado que garanten a suxeición da peza, para consegui-los parámetros de calidade establecidos coas condicións de seguridade axeitadas.* No corte previo do material tense en conta a sobremedida de mecanizado mínimo.

* Realízase o mecanizado das superficies de suxeición ou referencia, cando o proceso as esixe.

* As superficies de referencia atópanse limpas e dentro das tolerancias establecidas.

RealizaciónsCriterios de realización

3.2.Montar centrando e aliñando as pezas sobre os utensilios e empregando as ferramentas e utensilios adecuados, segundo o proceso descrito e en condicións de seguridade.* Os utensilios de suxeición garanten o amarre da peza en función da forma, dimensións e proceso de mecanizado.

* Realízase o centrado ou aliñado da peza, coa precisión esixida no proceso.

* Utilízanse os elementos de transporte e elevación, en función das características do material que hai que transportar.
* A limpeza das pezas e dos utensilios permite o seu correcto posicionamento.
* Realízase a montaxe atendendo as condicións de seguridade.
* O tempo de realización da montaxe axústase ó establecido na ficha de traballo.

3.3.Mecaniza-las pezas unitarias ou pequenas series con máquinas-ferramenta por arrinque de labra, en condicións de seguridade, seguindo o proceso establecido e obtendo a calidade requirida.* Os parámetros de mecanizado (velocidade de avance, de corte, profundidade...) son os axeitados.

* As referencias establécense atendendo á posición relativa da ferramenta con respecto á peza.

* Tense en conta o desgaste das ferramentas para proceder ó seu cambio e corrección do percorrido.
* A peza obtida axústase ás especificacións técnicas:
-Está dentro da tolerancia de forma e dimensión.
-O acabado superficial cumpre cos trazos especificados no plano de fabricación.
-O material da peza non sofre transformacións non previstas no proceso (por sobrequecemento, deficiente refrixeración ou lubricación...).
-O material da peza é o especificado no plano de fabricación.
* O mecanizado realízase no tempo establecido.
* A utilización de máquinas e ferramentas, así como as operacións, realízanse con precisión e eficacia, respectando as normas de seguridade e saúde laboral.
* As anomalías detectadas son corrixidas ou postas en coñecemento do servicio de mantemento e reparación.
* A comunicación con outros membros do seu departamento garante a continuidade da producción.

3.4.Mecanizar segundo o proceso e controla-la marcha do mecanizado en procesos automáticos, para a realización de series medianas ou grandes, propondo ou realizando as modificacións necesarias dos parámetros establecidos e obtendo a calidade requirida.* Corríxense os desprazamentos das ferramentas ou pezas, en función do desgaste dos utensilios de corte.

* As referencias establécense atendendo á posición relativa da ferramenta ou peza.

* A comunicación con outros membros do seu departamento garante a continuidade da producción.
* A interpretación de planos e especificacións técnicas permite coñecer con claridade e precisión o traballo que se debe realizar.
* Os parámetros de mecanizado (velocidades, avances, profundidades...) son os óptimos para que se produzan en condicións de calidade, tempo e custo adecuados.
* As operacións realízanse baixo estricto cumprimento das normas de seguridade.
* O producto obtido axustase ás especificacións técnicas e de forma do plano ou ficha de traballo.
* A producción mantense constatando e resolvendo os problemas que se presenten.
* As ferramentas mantéñense reguladas para garanti-la calidade do producto.

RealizaciónsCriterios de realización

3.5.Verificar dimensionalmente os productos mecanizados, de acordo co plano de control, tendo en conta o instrumental dispoñible e as súas capacidades e observando as normas-procedementos establecidos.* Os controis que se realizan son establecidos polos planos e a documentación técnica.

* Os instrumentos son os axeitados para realiza-la verificación axeitada, conforme as especificacións técnicas do producto.

* Os instrumentos de verificación están calibrados correctamente.
* Os equipos e as instilacións, así como os productos que se deben verificar, están nas condicións de temperatura e humidade establecidas no procedemento de verificación.
* A verificación realízase conforme os procedementos establecidos nas normas.

3.6.Organizar e supervisa-lo traballo do equipo de operarios ó seu cargo, partindo da orde de fabricación e instruíndoos se é necesario.* Os operarios ó seu cargo coñecen os medios, ferramentas e procesos que deben utilizar.

* Os operarios ó seu cargo coñecen os cometidos e procedementos de traballo.

* Fórmanse os operarios ó seu cargo sobre os cambios tecnolóxicos e/ou operativos necesarios para o desenvolvemento do traballo.
* Foméntanse as actitudes positivas de cara ó traballo.
* Poténciase o ambiente crítico e de mellora continua.
* Garántese que as tarefas asignadas son executadas de forma adecuada e no tempo previsto.
* As instruccións son suficientes e precisas, evitando erros na interpretación e a execución das ordes de traballo.

3.7.Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de producción, resolvendo os conflictos interpersoais que se presentan e participando na posta en práctica de procedementos de reclamación e disciplinarios.* Difúndense os procedementos da empresa entre os membros que a constitúen, para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.

* Na toma de calquera decisión que afecte ós procedementos, respéctase a lexislación laboral.

* Promóvense e, se é o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da empresa nos aspectos de calidade, productividade e servicio.
* O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas, e entre elas e a súa actividade ou traballo.
* Establécese un plan de formación continuada para consegui-la formación técnica do persoal.
* Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo, tomándose as medidas para os resolver con prontitude.
* Recóllese información adecuadamente, antes de tomar unha decisión para resolver problemas de relacións persoais, consultando, se fora preciso, o inmediato superior.
* Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a documentación dispoñible coa mínima demora.

3.8.Actuar segundo o plano de seguridade e hixiene da empresa levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de emerxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícase os equipos e medios de seguridade máis axeitados para cada actuación sendo o seu uso e coidado os correctos.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno do traballo e tómanse as medidas preventivas axeitadas para evitar accidentes.

RealizaciónsCriterios de realización

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións dos casos perigosos observados.
* Nos casos de emerxencia:
-Realízase o paro da maquinaria de forma axeitada e prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.
-Actúase segundo o especificado no plan de seguridade.

Dominio profesional

-Medios de producción utilizados:

Máquinas-ferramenta por arrinque de labra (torno, fresadoras, tradeadoras, mandriñadoras, brochadoras...). Sistemas de amarre estándar e ferramentas específicas. Ferramentas de corte. Accesorios estándar e especiais para o mecanizado. Elementos de transporte e manutención. Ferramentas manuais. Elementos de medición e control. Medios de protección persoal.

-Materiais e productos intermedios:

Lubricantes, refrixerantes. Perfís metálicos e non metálicos.

-Productos ou resultados do traballo:

Pezas mecanizadas. Información cuantitativa e cualitativa sobre o proceso. Productos semielaborados.

-Procesos métodos e procedementos:

Axuste e colocación de ferramentas. Introducción de correccións en máquinas de CNC. Suxeición das pezas para mecanizar na propia máquina ou en pallets de alimentación progresiva. Reaxuste dos parámetros de corte (velocidade de corte, avance, profundidade...).

Técnicas de mecanizado. Supervisión e control do funcionamento no caso dos equipos que traballan de forma autónoma. Pautas de control e verificación.

-Información utilizada:

Planos, ordes de fabricación. Especificacións técnicas, pautas de control, instruccións do proceso, instruccións sobre o funcionamento e manexo dos equipos, máquinas e instalacións; normas de seguridade nas operacións de máquinas, equipos e instalacións; instruccións de control, parámetros de calidade no mecanizado, instruccións de mantemento de uso.

-Información xerada:

Ficha de materiais consumidos, listado de pezas mecanizadas, fichas de resultados da verificación dimensional, folla de incidencias, parte de traballo, folla de instruccións.

2.5.4. Unidade de competencia 4: mecaniza-los productos por abrasión, conformado e procedementos especiais:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Realiza-las operacións de mecanizado que garanten a suxeición da peza para consegui-los parámetros de calidade prescritos, coas condicións de seguridade axeitadas.* No corte previo do material tense en conta a sobremedida de mecanizado mínimo.
* Realízase o mecanizado das superficies de suxeición ou referencia cando o proceso o esixe.
* As superficies de referencia están limpas e dentro das tolerancias establecidas.

4.2.Montar, centrando e aliñando, as pezas sobre os utensilios, empregando as ferramentas adecuadas, segundo o proceso descrito, en condicións de seguridade.* Os utensilios de suxeición garanten o amarre da peza en función da forma, dimensións e proceso de mecanizado.

* A suxeición e preparación da peza e electrodos garanten a exactitude das operacións de mecanizado.

* A montaxe sobre a ferramenta realízase centrando e aliñando a peza sobre ela, coa precisión esixida no proceso.
* A limpeza das pezas e utensilios permite o seu correcto posicionamento.
* O tempo de realización da montaxe axústase ó establecido na ficha de traballo.
* As operacións realízanse ordenadamente e coa seguridade adecuada.
* Utilízanse os elementos de transporte e elevación en función das características do material que hai que transportar.

4.3.Efectua-las operacións de acabado por abrasión, a partir dos planos de despece ou o proceso establecido, axustándose ós parámetros de calidade esixidos, en condicións de seguridade.* A correcta interpretación dos planos e/ou especificacións técnicas permite identifica-lo procedemento que se debe utilizar e o producto que hai que obter.

* A interpretación da ficha de traballo permite identifica-las aplicacións que hai que realizar e a organización do posto de traballo.

* Realízase a toma de referencia das ferramentas con respecto á peza.
* Tense en conta o desgaste das ferramentas para proceder ó seu cambio ou afiado.
* As ferramentas abrasivas perfílanse periodicamente co fin de evita-lo seu embotamento e garanti-la calidade do producto.
* A velocidade de corte, o avance e a profundidade, así como a velocidade de xiro da peza (cando é cilíndrica), son en todo momento os axeitados.
* O tipo de abrasivo, así como o tamaño do gran, son os axeitados para consegui-la calidade superficial especificada.
* O producto obtido axústase á forma e especificacións técnicas establecidas.
* O tempo de realización axústase ó establecido na ficha de traballo.
* As operacións realízanse coa seguridade adecuada.
* Proponse a optimización dos parámetros de mecanizado, para producir coa calidade establecida e no menor tempo posible.
* As anomalías detectadas durante a execución do mecanizado son corrixidas ou postas en coñecemento do servicio de mantemento.
* A comunicación con outros membros do seu departamento garante a continuidade da producción.

RealizaciónsCriterios de realización

4.4.Realiza-lo afiado de ferramentas e utensilios de corte de acordo cos procedementos establecidos, actuando en condicións de seguridade, para consegui-las características de calidade esixidas.* A correcta interpretación dos planos e/ou especificacións técnicas permite identifica-lo procedemento que se debe utilizar.

* A interpretación da ficha de traballo permite identifica-las operacións que hai que realizar e a organización do posto de traballo.

* O tempo de realización axústase ó establecido na ficha de traballo.
* As operacións realízanse coa seguridade adecuada.
* Tómase a referencia de ferramenta con respecto da peza.
* Os ángulos de corte son os adecuados para o material que se traballa e cumpren as especificacións do fabricante.
* O afiado non afecta ás características de dureza das ferramentas.
* O afiado realízase dentro da vida útil das ferramentas.
* As anomalías detectadas son corrixidas ou postas en coñecemento do servicio de mantemento e reparación.

4.5.Realiza-las operacións manuais de acabado, con utensilios de corte e conformación, a través da observación do seu comportamento no proceso.* O estado das matrices garante a fluidez e calidade da chapa.

* A interpretación dos planos e especificacións técnicas permite coñecer con claridade e precisión o traballo que hai que realizar.

* O posto de traballo mantense limpo e ordenado.
* As operacións realízanse baixo o estricto cumprimento das normas de seguridade.

4.6.Controla-lo proceso de conformado por corte, embutición e extrusión, variando os parámetros para consegui-la calidade esixida a partir do proceso establecido.* A correcta interpretación dos planos e/ou especificacións técnicas permite identifica-lo procedemento que se debe utilizar e o producto que hai que obter.

* A interpretación da ficha de traballo permite identifica-las operacións que hai que realizar e a organización do posto de traballo.

* O tempo de realización axústase ó establecido na ficha de traballo.
* A utilización de máquinas e ferramentas realízase con precisión, eficacia e respectando as normas de seguridade.
* As ferramentas son reaxustadas co fin de garanti-la calidade da producción.
* A manipulación, orde e limpeza de utensilios e ferramentas é correcta, garantindo a calidade dos productos.
* A lubricación empregada durante o proceso é a axeitada para o material da peza.
* O diámetro do punzón, o redondeamento da matriz, o redondeamento do punzón e o xogo entre a matriz e punzón son os axeitados en todo momento.
* O producto obtido axústase á forma e ás especificacións técnicas establecidas.
* Cas labores de mantemento de primeiro nivel previstas para as máquinas, instalacións e equipos efectúanse segundo as fichas de mantemento.
* A comunicación con outros membros do seu departamento garante a continuidade de producción.
* As observacións do proceso permiten propor melloras ós departamentos de planificación e deseño.

4.7.Realiza-lo mecanizado por procedementos especiais (electroerosión, plasma, ultrasons, feixe de electróns, láser, chorro de auga,...) en condicións de seguridade, segundo o proceso establecido a partir do plano de despezamento ou esbozo.* A correcta interpretación dos planos e/ou especificacións técnicas permite identifica-lo procedemento que se debe utilizar.

* A interpretación da ficha de traballo permite identifica-las operacións que hai que realizar e a organización do posto de traballo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os desprazamentos das ferramentas ou pezas corríxense en función do desgaste dos utensilios de mecanizado.
* O producto obtido axústase á forma e especificacións técnicas establecidas.
* Proponse a optimización dos parámetros de mecanizado, para producir coa calidade establecida e no menor tempo posible.
* As anomalías detectadas durante a execución de mecanizado son corrixidas ou postas en coñecemento do servicio de mantemento.
* As referencias establécense atendendo ás posicións relativas da ferramenta ou peza.
* A comunicación con outros membros do seu departamento garante a continuidade da producción.
* O tempo de realización axústase ó establecido na ficha de traballo.
* As operacións realízanse ordenadamente e coa seguridade adecuada.
* No mecanizado por electroerosión téñense en conta os seguintes valores característicos:
-O caudal de arrinque, dependendo do material que hai que mecanizar e do electrodo.
-O desgaste do electrodo dependendo das propiedades tecnolóxicas do material e temperatura de fusión, temperatura de ebulición, calor de fusión, conductividade calorífica, resistencia, microestructura, composición química e forma xeométrica.
-A exactitude da reproducción, dependendo da suxeición e preparación de electrodos e peza e da solidez da máquina.
-A rugosidade superficial.

* Realízase a eliminación dos productos para evita-la formación da ponte entre o electrodo e a peza.
* No mecanizado por ultrasóns tense en conta:
-O tipo de abrasivo (carburo de boro, carburo de silicio, po de diamante e óxido de aluminio), e o tamaño do gran son os adecuados ás especificacións de calidade superficial e exactitude.
-A ferramenta ten a forma determinada.

* No uso de mecanizado por plasma, téñense en conta as dúas posibilidades (arco directo e arco indirecto), en función de que o material sexa electricamente conductor ou illante, metálico ou non metálico.

* No mecanizado por chorro de auga tivéronse en conta os sistemas de:
-Xeración de presión.
-Emisión de chorro.
-Manipulación.

4.8.Verificar dimensionalmente os productos mecanizados segundo o plano de control, tendo en conta o instrumental dispoñible e as súas capacidades e observando as normas e procedementos establecidos.* Os controis que se deben realizar son os establecidos polos planos e documentacións técnicas.

* Os elementos de verificación están calibrados correctamente.

* Os instrumentos son os axeitados para realiza-la verificación conforme as especificacións técnicas do producto.
* As instalacións están nas condicións de temperatura e humidade establecidas no procedemento de verificación.
* A verificación realízase conforme os procedementos establecidos nas normas.

RealizaciónsCriterios de realización

4.9.Organizar e supervisa-lo traballo do equipo de operarios ó seu cargo, partindo da orde de fabricación e instruíndoos se é necesario.* Os operarios ó seu cargo coñecen os medios, ferramentas e procesos que deben utilizar.

* Os operarios ó seu cargo coñecen os cometidos e procedementos de traballo.

* Fórmanse os operarios ó seu cargo sobre os cambios tecnolóxicos e/ou operativos.
* Foméntanse as actitudes positivas de cara ó traballo.
* Poténciase o ambiente crítico e de mellora continua.
* Garántese que as tarefas asignadas son executadas de forma adecuada e no tempo previsto.
* As instruccións son suficientes e precisas, evitando erros na interpretación e a execución das ordes de traballo.

4.10.Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno da producción resolvendo os conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.* Difúndense os procedementos da empresa entre os membros que a constitúen, para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.

* Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, respéctase a lexislación laboral.

* Promóvense e, se é o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da empresa nos aspectos de calidade, productividade e servicio.
* O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas, e entre elas e a súa actividade ou traballo.
* Establécese un plan de formación continuada para consegui-la formación técnica do persoal.
* Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo, tomándose as medidas para os resolver con prontitude.
* Recóllese información adecuadamente, antes de tomar unha decisión para resolver problemas de relacións persoais, consultando, se fora preciso, o inmediato superior.
* Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a documentación dispoñible coa mínima demora.

4.11.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene da empresa levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de emerxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixentes.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis axeitados para cada actuación sendo o seu uso e coidado correctos.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno do traballo e tómanse as medidas preventivas axeitadas para evitar accidentes.
* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións dos casos perigosos observados.
* Nos casos de emerxencia:
-Realízase o paro da maquinaria de forma axeitada e prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.
-Actúase segundo o especificado no plano de seguridade.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Máquinas de abrasión (rectificadoras planas, cilíndricas, rectificadoras de roscas, rectificadoras de perfís, punteadora rectificadora), máquinas de conformado (trefiladoras, extrusionadoras, prensas, termoconformado). Máquinas especiais de mecanizado (electroerosión, penetración, electroerosión, fío, plasma, láser, feixe de electróns, chorro de auga, rebarbadoras, ultrasóns). Sistemas de amarre estándar e ferramentas específicas. Ferramentas abrasivas de conformado e especiais. Accesorios estándar e especiais para o mecanizado. Ferramentas manuais. Elementos de medición e control. Medios de protección persoal.

-Materiais e productos intermedios:

Lubricantes e refrixerantes. Perfís metálicos e non metálicos. Productos semielaborados.

-Productos ou resultados do traballo:

Pezas mecanizadas. Información cuantitativa e cualitativa sobre o proceso.

-Procesos, métodos e procedementos:

Axuste e colocación das ferramentas. Suxeición de pezas na propia máquina. Técnicas de conformado. Técnicas de abrasión. Técnicas de mecanizado especiais. Pautas de control e verificación.

-Información utilizada:

Planos, ordes de fabricación. Especificacións técnicas, pautas de control, instruccións do proceso, instruccións sobre o funcionamento e manexo dos equipos, máquinas e instalacións, normas de seguridade nas operacións de máquinas, equipos e instalacións; instruccións de control, parámetros de calidade no mecanizado, instruccións de mantemento de uso.

-Información xerada:

Ficha de materiais consumidos, listado de pezas mecanizadas, fichas de resultados da verificación dimensional, folla de incidencias, parte de traballo, folla de instruccións. Información de mantemento de uso.

2.5.5. Unidade de competencia 5: comproba-las características do producto:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Realiza-los controis de recepción dos materiais e compoñentes, aplicando os procedementos establecidos, cumprindo as normas de seguridade requiridas e asegurando o nivel de calidade de recepción.* A recepción de materiais e compoñentes realízanse tendo en conta as especificacións recibidas.

* Os materiais e compoñentes danados ou que non cumpren as especificacións de pedido son rexeitados, comunicándose o feito ó provedor e responsable de compras, actuando segundo as especificacións.

* Os materiais correspóndense en forma, cantidade e calidade co pedido realizando e están en correcto estado.

RealizaciónsCriterios de realización

* O control e rexistro de materiais e productos realízanse mediante fichas de control en sistemas informatizados.
* Verifícase a «trazabilidade» do material e compoñentes.
* O control e supervisión dos materiais rexeitados permite clasificalos e estibalos segundo o grao de rexeitamento.
* A descarga, manexo e estiba dos materiais, efectúanse no lugar e cos medios axeitados, clasificándoos segundo o uso e de modo que non sufran estragos.
* Aplícanse as normas de seguridade durante os traballos de recepción.
* O estado no que se atopa o envío (aceptado, rexeitado ou pendente de inspección), identifícase adecuadamente mediante etiqueta ou outro sistema.
* Na recepción de materiais e compoñentes compróbase a documentación técnica que se acompaña (certificado de calidade, gráficas de control e estudios de capacidade).

5.2.Realiza-lo control da fabricación, a partir das pautas de control e cos medios previstos, e realiza-lo informe correspondente ou recoller datos no formato axeitado.* Os elementos que se deben verificar están en correcto estado de limpeza e carentes de rebabas.

* As pezas están estabilizadas tecnicamente a unha temperatura axeitada para a súa verificación.

* A almacenaxe e manipulación dos elementos que hai que verificar non produce tensión neles.
* As medidas realizadas permiten comprobar que un elemento ou subconxunto ten as dimensións, formas e aspectos especificados.
* Os instrumentos de comprobación permiten obter medidas coa precisión requirida.
* A «trazabilidade» dos materiais e compoñentes queda garantida mediante a realización das oportunas anotacións.
* A verificación realízase conforme as pautas establecidas no procedemento de control e coa periodicidade establecida nas series longas.
* Os resultados obtidos reflíctense en gráficos ou documentos comprensibles.
* A aplicación de aparellos de medida e comprobación permite detectar anomalías existentes en documentos e subconxuntos que provocan a non conformidade.
* Os criterios de aceptación ou rexeitamento aplícanse segundo as especificacións técnicas.
* A aplicación das accións correctivas establecidas permite, se é o caso, a recuperación de productos non conformes.

5.3.Calibrar periodicamente os equipos de medición da súa competencia, segundo o manual de calibración e procedementos escritos establecidos.* A calibración periódica dos equipos permite obter valores coa fiabilidade requirida.
* O patrón seleccionado correspóndese coas inclinacións que se deben detectar.
* O mantemento, uso e control de almacenamento dos equipos realízanse segundo o manual de uso e instruccións.
* Realízase o marcado dos instrumentos e equipos coa referencia para o seu control posterior.
* Realízase a preparación e control de toda a documentación (fichas, tarxetas e etiquetas de identificación), que xere o programa de mantemento.
* O arquivo de certificados dos patróns de referencia mantense actualizado.

RealizaciónsCriterios de realización

* O mantemento e coidado dos patróns de referencia realízanse segundo o manual de uso e instruccións, enviándoos cando proceda ós laboratorios de orde superior para a súa recalibración.

5.4.Realiza-la preparación e execución de ensaios destructivos (ED), aplicando os procedementos establecidos e a normativa específica.* As probetas adecúanse á normativa existente para realiza-lo ensaio.

* O tipo de ensaio e o método aplicado son os adecuados para a variable e a peza que hai que inspeccionar.

* A interpretación dos resultados obtidos permite establece-lo grao de cumprimento das especificacións que se deben controlar.
* Realízase a calibración e mantemento das ferramentas e máquinas de ensaio.
* A realización do ensaio ten en conta os requisitos de seguridade aplicables.

5.5.Realiza-la preparación e execución de ensaios non destructivos (END), aplicando os procedementos establecidos e a normativa específica.* O tipo de ensaio (líquidos penetrantes, partículas magnéticas ultrasóns, radioloxía...) e o método aplicado son os adecuados para o tipo de defecto que se trata de detectar.

* A selección do líquido penetrante e o método de observación efectúanse de acordo coa inspección que hai que realizar.

* A preparación da zona que se vai inspeccionar realízase de acordo co procedemento establecido e coas especificacións recibidas.
* A interpretación das indicacións atopadas como resultado do ensaio correspóndese cos criterios establecidos.
* O tempo de permanencia dos líquidos contrólase segundo o establecido.
* A limpeza final da superficie inspeccionada realízase unha vez finalizado o ensaio.
* O defecto atopado mediante o ensaio radiolóxico identifícase comparándoo co álbum radiolóxico.
* A protección persoal permite realiza-lo ensaio sen risco para a saúde.
* As medidas de seguridade tomadas permiten que as radiacións non afecten a ningunha persoa dentro da área máis próxima.

5.6.Realiza-los informes cos resultados das comprobacións realizadas, co fin de manter un rexistro delas e propor medidas correctoras de cara ás desviacións das especificacións.* Os informes adecúanse ó procedemento establecido e están expresados con claridade e precisión.

* As propostas referentes ó proceso de mecanizado permiten que se minimicen ou corrixan as desviacións das características que se deben conseguir.

* O tratamento estatístico dos resultados obtidos permite a elaboración de gráficos de control.
* Realízase o rexistro dos resultados na ficha de entrada dos materiais, productos e compoñentes.
* Os informes reflicten as incidencias observadas durante o control das materias primas, operacións de mecanizado e das pezas mecanizadas, para o seu posterior tratamento.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Equipos de medición dimensional, eléctrica e electrónica. Equipos de laboratorio para análises de materiais. Equipos para ensaios non destructivos. Equipos para a análise de características especÍficas. Equipos para ensaios funcionais ou de vida. Equipo para a comprobación da resistencia ós axentes climáticos.

Materiais de referencia. Patróns de referencia certificados por laboratorios autorizados. Soportes informáticos e estatísticos.

-Materiais e productos intermedios:

Pezas e equipos para seren verificados. Probetas para realizar ensaios. Placas radiográficas, líquidos penetrantes, partículas para ensaios de partículas magnéticas.

-Principais resultados do traballo:

Informes escritos de verificacións e ensaios. Materiais, elementos recepcionados e clasificados. Equipos de medida e ensaio calibrados. Radiografías para a súa valoración. Certificado de control de procesos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Métodos de medida nunha, dúas ou tres dimensións. Procedementos de ensaios. Procedementos de calibración. Métodos e técnicas de END Métodos e técnicas de ED. Procedementos de execución.

-Información utilizada:

Planos do producto ou compoñentes. Especificación de enxeñería ou de cliente. Normas de aplicación nacionais ou internacionais. Certificados de calibracións de patróns e materiais de referencia. Plano de control. Pautas de control. Gráficos de control. Normas de mostraxe. Documentación do producto para a súa entrada na fábrica de requirimento no proceso ou no envío. Norma de provedores. Procedemento de calibración para os equipos de medición. Documentos para a homologación. Etiquetas, fichas...

-Información xerada:

Datos gráficos das verificacións e ensaios realizados. Informes sobre os productos verificados. Parte de traballo. Follas de incidencias.

2.5.6. Unidade de competencia 6: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis axeitada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

* Realízase o estudio de viabilidade, onde se ten en conta:

-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A localización e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, vías de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elemento de prospectiva).
-A demanda potencial e previsión de ingresos.
-As necesidades de financiamento e formación e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade ofrecidas polas diferentes administracións pÚblicas.
* Determínase a composición dos recursos humanos necesarios atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

RealizaciónsCriterios de realización

6.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes.

* Selecciónase as formas de contrato óptimas para resolve-las necesidades da empresa

6.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Defínese unha organización da documentación para que en todo momento se poida ter información sobre da situación económica e financeira da empresa.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elabóranse no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

6.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións axeitadas e en función da actividade comercial requirida.* No plano de promoción tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela adecuado ós seus productos e servicios.

* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permite establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.

6.5.Negociar con provedores, clientes e organismos buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tense en conta na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Transporte, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes tense en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezos de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de pagamento.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

6.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respóndese satisfactoriamente á súa demanda, promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que poida interesarlles.

6.7.Identificar no tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícanse os rexistros esixidos pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse, en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura de local, permiso de obras... Nóminas, TC1, TC2. Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado, xa para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas. O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha empresa pequena ou taller, en xeral tratará con clientes que demandan pedidos ou servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Coas máquinas consideradas de forma unitaria buscarase, cada vez máis, a multifuncionalidade (centros de mecanizado, torneado). Por outra parte, ata nas de concepción máis clásica, as velocidades, calidades e prestacións dos equipos aumentarán de forma importante nesta década.

* Téndese a mellora-lo comportamento e prestacións das máquinas convencionais en aspectos como mecanizado de alta velocidade ou copiado de superficies complexas. Este proceso leva implícita unha necesidade crecente de motorización do estado das ferramentas e do seu preaxuste, que permitan utiliza-los equipos o maior número de tempo posible, dado o seu custo de adquisición, coa menor intervención do operario.

* As máquinas tenderán cara a unha maior calidade intrínseca con especial incidencia en aspectos como cabezais e bancadas (evitar vibracións, por exemplo), co obxecto de que os equipos teñan cada vez maior duración, menos avarías, maior productividade e alcancen unhas tolerancias cada vez máis axustadas.

* Os controis numéricos están evolucionando a pasos axigantados. A necesidade do usuario de mecanizados máis rápidos que melloren a calidade das pezas obtidas empuxa os fabricantes de CNC a un desenvolvemento continuado do producto.

* A utilización do CNC vese simplificada a través de sistemas como a programación personalizada e/ou conversacional.

* Xeneralización do deseño e fabricación asistida por ordenador.

* Comezarán a incorporarse os sistemas de fabricación flexible con ordenadores de control con tolerancia de avarías. É dicir, que diante dunha avaría do sistema de control existe un back up automático que, con menores prestacións, asegure a continuidade do proceso, aspecto moi interesante para traballos nocturnos ou sen operarios.

* A automatización de procesos industriais e o control de máquinas mediante autómatas programables (PLC) ou outros dispositivos de base informática, interconectados a través de redes locais de comunicación.

* Xunto cos sistemas de información clásica aparecen novos procesos de conformación dos que o seu manexo non sería posible sen o control por ordenador. Entre eles cabe destaca-la electroerosión, o corte por láser, o corte por plasma e o corte por chorro de auga.

* Desenvolvemento de células de fabricación flexible, formadas por unha ou varias máquinas-ferramentas, as estacións de carga e descarga, a estación de control..., todas elas asistidas de forma automática por un ou varios robots.

* Evolución dos sistemas de fabricación flexible, verdadeiras seccións de fábricas que funcionen de xeito integrado e flexible, sendo capaces de adaptarse automaticamente á fabricación de distintas variantes do producto.

* Desenvolvemento de normativa de seguridade e prevención e maior esixencia na súa aplicación.

* Maior utilización de técnicas just in time que permiten logra-la reducción de «stocks» e unha producción controlada.

* Tendencia de evolución crecente dos sistemas de fabricación asistida por ordenados (CIM) onde se combinan as produccións a escala coa fabricación por pedido.

* Productos clásicos, como tornos paralelos, fresadoras universais, trades verán reducido o seu uso cara a tarefas auxiliares, sendo pouco a pouco retirados dos procesos de producción e substituídos por maquinarias dotadas de CNC, igual que as rectificadoras cilíndricas ou as pregadoras.

* Adecuación dos productos ás necesidades do mercado, mediante fabricación flexible, aumentando a adaptación ó contorno e aforro de custos de producción.

* Sistemas flexibles máis pequenos e modulares de desenvolvemento en función das necesidades do usuario. É dicir, a unha máquina incorpóraselle outro equipo en liña, interconectándose se é o caso e sucesivamente outro e outros.

* A internacionalización dos mercados leva ó sector a valorar prioritariamente os conceptos de estilo, deseño e vida do producto, o que conduce a unha reducción dos períodos de renovación e aumenta o dinamismo do proceso industrial.

* Aumento da especialización das pequenas e medianas empresas, que lles permita abordar mercados de máis magnitude aínda que isto non suporá un aumento drástico do tamaño das citadas empresas.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

* Necesidade de dispor de profesionais especializados na automatización dos distintos procesos de mecanizado e montaxe.

* Incremento do peso dos mandos intermedios na estructura da empresa.

* Necesidade de técnicos cada vez máis polivalentes no emprego de máquinas-ferramentas que abrangan tódalas áreas de mecanizado.

2.6.3. Cambios na formación:

* A formación en calidade deste técnico débese enfocar a lograr unha concepción global no proceso productivo e uns coñecementos sobre materiais e medios de autocontrol que lle permita actuar neste campo sistematicamente e actualizarse.

* Os sistemas de automatización que apareceron motivados polas esixencias dos procesos de fabricación, así como a modernización e actualización das existentes, suporán a formación e adaptación ó manexo e control de máquinas e equipos dotados con sistemas e compoñentes (mecánicos pneumáticos, electrónicos...) distintos ós actuais.

* Deberá coñece-los aspectos relacionados coas tecnoloxías aplicadas a distintas fases do proceso productivo, como mecanizado automatizado, control numérico, acabados especiais..., que lle permitan adaptarse ás esixencias canto a capacidade de adaptación a novos productos e alto rendemento de serie.

* Deberá coñece-la utilidade e instalación dos distintos medios de protección e ter unha visión global da seguridade en fabricación e/ou montaxe, así como un coñecemento da normativa aplicable e documentación específica que o leve a ter en conta de forma permanente este aspecto en tódalas súas actuacións.

* Outras necesidades de formación que poderían ser deducidas dos cambios previsibles no sector son o coñecemento de novos materiais e a utilización de novos equipos de fabricación e control. Esta necesidade de posterior especialización poderá ser completada no posto de traballo.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

* Este técnico integrarase en departamentos de producción dependendo organicamente dun mando intermedio. En determinados casos pode ter operarios baixo a súa responsabilidade e depender directamente do responsable de producción.

* Esta figura exercerá a súa actividade no sector de industrias transformadoras dos metais, podendo desempeña-lo seu traballo en empresas relacionadas coa fabricación de productos metálicos, construcción de maquinaria e equipo mecánico, construcción de vehículos automóbiles e as súas pezas, construcción naval e construcción de material de transporte. Fabricación de equipos de precisión, óptica e similares.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

* Na área de producción opera con máquinas-ferramenta por arrinque de labra, conformado ou especiais. Prepara máquinas automáticas, células de mecanizado, sistemas flexibles ou liñas «transfers».

* En función do tamaño, tipo de empresa e serie que se deben mecanizar pode realiza-los programas de CNC a pé de máquina.

* Respecto ós traballos relacionados co mantemento de máquinas, equipos ou sistemas, ten unha relación de dependencia funcional co responsable do manexo.

* Na área de calidade, realiza verificacións do producto, tanto na recepción como durante o proceso e no control final.

* Nos procesos de producción continua relaciónase cos técnicos do seu mesmo nivel.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

Posibles especializacións:

A título de exemplo e con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser desempeñados por esta figura profesional:

* Preparador de máquinas (tornos automáticos, transfers, sistemas flexibles, liñas de procesado de chapa...).

* Torneiro.

* Fresador.

* Mandriñador.

* Rectificador.

* Conductor de liña por arrinque de labra. Conformados especiais.

* Modelista.

* Matriceiro moldista.

* Programador de máquinas-ferramenta de CNC en planta.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Buscar, interpretar e comprende-la información técnica relacionada coa profesión, analizando e valorando o seu contido e utilizando a terminoloxía e simboloxía axeitadas, como soporte para a automatización do seu traballo e como elemento de actualización técnica.

* Planifica-lo conxunto de actividades necesarias para realiza-lo seu traballo con iniciativa e responsabilidade, identificando e seleccionando a información e medios técnicos necesarios, co fin de obter un producto axustado a normas e parámetros previstos co máximo aproveitamento dos recursos.

* Analizar e/ou elabora-los procesos de mecanizado, conformado ou procedementos especiais, comprendendo a relación e secuencia lóxica de fases e operacións e interpretando e/ou adoptando criterios de seguridade, calidade e economía.

* Analiza-las propiedades e características máis relevantes de materiais e ferramentas de mecanizado, conformado ou procedementos especiais, as súas aplicacións e criterios de utilización, co fin de realizar correctamente o proceso.

* Analizar e executa-los traballos de mecanizado, conformado e procedementos especiais con autonomía e destreza, preparando, programando e operando

coas máquinas ou ferramentas con precisión, e controlando o proceso, co fin de obte-lo producto coas características de calidade e producción.

* Realizar e valora-las verificacións e ensaios de control de calidade, relacionando as características de materiais ou do producto obxecto do ensaio coa calidade establecida nas normas, respectando e avaliando os resultados obtidos.

* Valora-los riscos derivados do desenvolvemento dos procesos de mecanizado, conformado ou procedementos especiais, adoptando as medidas de seguridade e hixiene axeitadas e respectando a normativa vixente.

* Resolve-los problemas presentados no proceso de mecanizado, conformado ou procedementos especiais, diagnosticando as causas de incidencias ou anomalías e actuando en consecuencia, co fin de dar resposta ás continxencias do proceso.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e obrigas que se deriven das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poidan presentar neles.

* Utilizar e busca-las canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Colaborar e participar en establecer solucións ós procesos que se desenvolvan neste ámbito ou sector, de xeito que minimicen impactos negativos ó medio ambiente, así como participar por medio do seu exercicio profesional na mellora continua da calidade dos procesos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: procedementos de mecanizado:

Asociado á unidade de competencia 1: determina-los procesos de mecanizado de pezas unitarias.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-la simboloxía e elementos normalizados representados no plano.

* Identifica-las diferentes vistas, cortes, seccións e detalles dos planos de fabricación que lle permitan a intervención no proceso.

* Interpreta-la información no proceso extraída dos planos de fabricación que lle permita determinar dimensións en bruto e fases do mecanizado.

* Relaciona-las formas e calidades representadas cos procedementos de mecanizado.

* Describi-las máquinas e medios de traballo necesarios para obte-lo producto representado nos planos de fabricación.

* Estable-la tecnoloxía de corte ou conformado máis axeitada para garanti-las condicións de calidade do producto que se vaia obter.

* Ordena-la secuencia de operacións en función da peza para obter e das posibilidades das máquinas.

* Describi-las distintas operacións que se poidan realizar coas máquinas-ferramenta por arrinque de labra, conformado e especiais.

* Identifica-la forma, tolerancias e precisión que se poidan obter polos distintos procedementos.

* Relaciona-las distintas operacións de mecanizado cos parámetros de velocidade, avance, penetración, tempo e intensidade.

* Determinar e/ou calcula-los parámetros de traballo (velocidade, avances, ciclos, tempos), tendo en conta tódalas variables que concorren e as técnicas máis axeitadas (material da peza, material da ferramenta, calidade superficial, tolerancias).

* Describi-los parámetros fundamentais (velocidade, avance, penetración, tempo e intensidade) do proceso aplicables ás distintas operacións de mecanizado, conformado e especiais.

* Asocia-los parámetros do proceso a cada unha das operacións que se poidan obter por mecanizado, por conformado e especiais.

* Explica-los procedementos de suxeición e axuste das principais ferramentas de mecanizado, conformado e especiais.

* Describi-las ferramentas de suxeición de pezas e procedementos de amarre e centrado empregados nas principais operacións de mecanizado, conformado e especiais.

* Describi-los diferentes formatos utilizados para recolle-la información do proceso.

* Selecciona-lo formato do proceso máis axeitado, atendendo ás características do producto que se mecanice.

* Representar por medio dun esbozo as operacións das distintas secuencias de mecanizado.

* Confecciona-lo documento «Ficha de proceso de mecanizado ou traballo» que permita mecanizar un producto en condicións de rendibilidade, calidade e seguridade.

* Determina-lo custo dunha operación de mecanizado de acordo co prezo dos factores que interveñen nela, estimando o tempo necesario para realizala.

* Identificar e interpretar táboas de asignación de tempos non productivos para as operacións de mecanizado.

* Interpretar catálogos e ofertas comerciais relacionadas cos materiais e ferramentas.

* Relaciona-lo tempo das distintas operacións de mecanizado cos factores que interveñen nel (velocidade e espacio).

* Selecciona-lo custo de mecanizado coas variables que interveñen nel (custo de materiais, custo

de man de obra, custo de ferramenta, custos indirectos).

* Identificar e asignar tempos non productivos ás operacións de mecanizado, utilizando táboas.

* Calcula-lo tempo total de mecanizado en funcións das variables que interveñen no proceso (velocidade e espacio).

* Redactar un documento comercial (orzamento) que xustifique e manifeste a dispoñibilidade de atender en firme o encargo.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Información técnica para o mecanizado

* Interpretación de planos de fabricación.

* Interpretación de información técnica.

* Análise e estudio dos planos para determina-las operacións realizables polas máquinas-ferramenta.

* Representación por medio de esquemas.

Procesos e procedementos de mecanizado

* Identificación das posibilidades de fabricación das máquinas-ferramenta.

* Análise das vantaxes e inconvenientes dos diferentes métodos de fabricación.

* Comparación dos procedementos de mecanizado coa forma e precisión que obteñen.

* Determinación do procedemento de mecanizado, conformado ou especial.

* Selección da máquina ferramenta axeitada.

* Identificación do material para traballar.

* Ordenación da secuencia de operacións de mecanizado.

* Establecemento das condicións de corte (refrixeracións, lubricacións...).

* Asignación de ferramentas de corte, conformado ou especiais, en función do procedemento de mecanizado que se empregue.

* Selección das ferramentas de suxeición.

* Determinación do procedemento de amarre e centrado da peza.

* Obtención dos parámetros de mecanizado mediante o seu cálculo.

* Asignación dos parámetros en función das características dos materiais e das condicións de mecanizado.

* Asignación dos medios de verificación e control.

* Representación esquemática mediante esbozo das operacións de mecanizado.

* Descrición dos diferentes documentos empregados, como folla de proceso e instruccións.

* Realización de follas de proceso e instruccións para productos tecnolóxicos concretos, aplicando as condicións de calidade e os criterios de seguridade adecuados.

Cálculo de tempos e determinación de ofertas de mecanizado:

* Identificación de medios documentais e instrumentos necesarios para o cálculo de custos.

* Interpretación de documentos comerciais (catálogos, ofertas).

* Identificación de factores que interveñen no calculo de tempos de mecanizado.

* Asignación de custos de producción (materiais, man de obra, ferramentas, indirectos).

* Asignación de tempos non productivos mediante a utilización de táboas.

* Obtención de tempos de mecanizado por procedementos de cálculo.

* Xustificación do prezo do mecanizado de acordo coas variables aplicadas.

* Preparación de ofertas.

* Realización ou cubrimento de documentos ou fichas de custos para o orzamento de operacións de mecanizado.

Contidos conceptuais

Información técnica para o mecanizado:

* Planos de fabricación.

* Información técnica.

* Esbozamento.

* Escalas.

Procesos e procedementos de mecanizado:

* Clasificación das máquinas-ferramenta atendendo ós procedementos de arrinque de labra, conformado e especiais. Vantaxes e inconvenientes da súa utilización. Formas e calidades que se obteñen.

* Funcionamento e prestacións (capacidade da máquina) das diferentes máquinas-ferramenta.

* Posibilidade de fabricación coas diferentes máquinas-ferramenta por arrinque de labra, conformado e especiais.

* Aplicacións, características mecánicas e tratamentos térmicos recomendados nos principais materiais empregados no mecanizado.

* Clasificación dos aceiros. Formas comerciais.

* Ferramentas de corte e conformado. Normalización. Aplicación.

* Útiles de suxeición. Principais aplicacións.

* Útiles de verificación e control. Clasificación e aplicacións. Verificación dimensional, xeométrica e funcional.

* Folla de proceso. Folla de instruccións. Formatos.

* Parámetros de mecanizado empregados nas diferentes máquina-ferramenta. O seu cálculo. Incidencia das condicións de corte.

Cálculo de tempos e determinación de ofertas de mecanizado:

* Táboa de tempos.

* Documentación comercial. Catálogos de ferramentas e materiais. Modelos de orzamentos.

* Métodos para establece-los tempos de fabricación. Cadernos de máquina.

* Cálculo de tempos de fabricación. Tempos de máquinas. Tempos de corte (refrontando, roscado, mandriñado...). Tempos de preparación. Tempos de operacións manuais. Tempos imprevistos. Parámetros que interveñen. Custo de mecanizado (materiais, man de obra, ferramentas, indirectos). Custo de tempos de máquinas. Custo de tempos non productivos.

* Procedementos para a medida dos tempos. Estimación. Datos históricos. Aparellos de medida. Táboa de datos normalizados. Descomposición. Mostraxe.

Contidos actitudinais

Información técnica para o mecanizado:

* Utilización da normativa e en xeral da documentación técnica que facilite a interpretación da información que conteñen os planos.

* Interese pola correcta interpretación da documentación técnica.

Procesos e procedementos de mecanizado:

* Valoración positiva e aplicación dos avances tecnolóxicos respecto do acabado de productos, así como das repercusións medioambientais, aforro enerxético e seguridade no traballo.

* Actitude crítica diante das solucións tecnolóxicas analizadas na busca da máis axeitada.

* Xustificación responsable de procesos de mecanizado con criterios de seguridade e economía.

* Valoración da normalización como necesidade para mellora-la expresión e a comunicación.

* Aproveitamento racional dos materiais, tendo en conta as diferentes técnicas de fabricación existentes.

* Valoración positiva da importancia da utilización de métodos de comprobación para o cálculo dos parámetros de mecanizado.

* Orde, limpeza e actitude acorde á normativa industrial na presentación de documentos de traballo.

* Consideración e gusto pola utilización de recursos gráficos, esquemas, etc. que faciliten a comprensión dos procesos.

Cálculo de tempos e determinación de ofertas de mecanizado:

* Interese pola busca de información técnica, que facilite a identificación de materiais e ferramentas máis axeitadas ó proceso.

* Sensibilización na optimización dos factores de custo para a consecución dos productos con garantía de calidade.

* Interese pola aplicación de tempos non productivos durante o desenvolvemento de diferentes traballos de mecanizado.

* Valoración da importancia de remata-los traballos nos prazos previstos

* Gusto e limpeza na presentación de documentos.

3.2.2. Módulo profesional 2: preparación e programación de máquinas de fabricación mecánica:

Asociado á unidade de competencia 2: preparar e programar máquinas e sistemas para proceder ó mecanizado.

Capacidades terminais elementais

* Describi-los utensilios de trazado e marcado, relacionándoos coas súas aplicacións.

* Elaborar patróns especificados de acordo cos planos de fabricación.

* Trazar e marcar pezas utilizando adecuadamente os instrumentos de medida axeitados.

* Relaciona-las técnicas de marcado e trazado cos riscos propios de trazado de pezas.

* Describi-los tipos de utensilios, accesorios e órganos propios de máquinas e sistemas de fabricación por arrinque de labra, corte, conformado e especiais.

* Explica-la montaxe e regulación das pezas, accesorios e ferramentas.

* Relaciona-los elementos e mandos de máquinas-ferramenta coas funcións que realizan e os parámetros de mecanizado ós que afecten.

* Describi-las operacións de mantemento de primeiro nivel (engraxe, refrixeración, limpeza, cambio e tensado de correas e asistencia xeral) e os elementos que os requiren.

* Describi-las anomalías ou alteracións máis frecuentes que se poidan dar durante o funcionamento regular das máquinas e equipos, e como restauralas.

* Seleccionar correctamente as ferramentas e utensilios descritos no proceso e/ou programa de CNC.

* Monta-los utensilios portaferramentas e ferramentas seleccionadas.

* Verificar e axustar presións e caudais, de acordo coa peza que se vaia mecanizar.

* Axustar factores de corte e mecanizar utensilio portapezas.

* Montar peza de partida sobre utensilio portapezas.

* Establece-los ceros adecuados do programa de CNC.

* Verificar, analizar e, se procede, establece-las modificacións requiridas no programa de CNC ou nos datos das ferramentas.

* Debuxa-las vistas ou perspectivas das ferramentas especiais que se requiran no mecanizado, acotando correctamente dimensións, referencias de axuste e ángulos axeitados.

* Establece-las diferencias entre un acotado funcional e un acotado para o mecanizado.

* Elixir unha solución mecánica que sexa funcional, segura e fácil de conseguir, para amarrar unha peza mediante medios non convencionais.

* Confeccionar un esbozo que poña en evidencia a xeometría, as medidas principais e as referencias dun utensilio especial de amarre aplicando as normas de representación gráfica.

* Completa-lo debuxo dun utensilio especial de amarre coas indicacións técnicas que de acordo coa entidade da ferramenta se consideren necesarias (materiais, tolerancias, tratamentos).

* Relaciona-las funcións características das linguaxes de CNC coas operacións das máquinas, para mecanizar por arrinque de labra, conformado e especiais, identificando os códigos asociados a eles.

* Explica-los sistemas de transmisión e almacenamento de información utilizados en CNC.

* Codifica-las operacións e estructurar secuencias ordenadas de instruccións, partindo de plano e proceso.

* Verifica-la sintaxe do programa.

* Carga-lo programa na máquina.

* Simula-lo programa e detecta-los seus defectos corrixíndoos e optimizando aquilo que sexa posible.

Contidos (duración 320 horas)

Contidos procedementais

Preparación de máquinas para o mecanizado:

* Construcción e manipulación de patróns para o trazado segundo as especificacións técnicas.

* Trazado e marcado de pezas, respectando a normativa específica e facendo uso de medios de acordo coas necesidades.

* Proposición, esbozado e acotado das referencias principais de utensilios de amarre de pezas e ferramentas non convencionais que sexan funcionais, seguros e doados de lograr.

* Verificación e realización do mantemento primario segundo a normativa de fabricante e empresa.

* Realización de postas a punto completas sobre diferentes máquinas.

Programación de máquinas de CNC:

* Codificación secuenciada segundo o proceso.

* Xeración de programa mediante programación asistida.

* Introducción manual de programas.

* Simulación.

Contidos conceptuais

Preparación de máquinas para o mecanizado:

* Utensilios e técnicas de trazado e marcado.

* Riscos do trazado e marcado.

* Utensilios de amarre de pezas e ferramentas comerciais, compoñentes e funcionamento.

* Utensilios, accesorios e órganos de máquinas-ferramenta de CNC e sistemas de fabricación por arrinque de labra, conformado e especiais.

* Características e normas para ter en conta na montaxe de pezas, accesorios e ferramentas sobre as máquinas de CNC.

* Elementos que necesitan mantemento primario en máquinas de CNC; causas e motivos.

* Relación entre elementos e mandos das máquinas-ferramenta de CNC, coas funcións que realizan e cos parámetros de mecanizado ós que afectan.

* Anomalías que se producen con máis frecuencia durante o mecanizado.

* Ocupacións relacionadas coas competencias profesionais: postos de traballo, condicións de traballo, requisitos de acceso e máis características.

Programación de máquinas de CNC:

* Sistemas operativos de CNC: modos de funcionamento, editores, táboas, comunicacións, parámetros.

* Programa: estructura, bloques, palabras, contidos, sintaxe.

* Eixos: nomenclatura normalizada dos eixos e movementos.

* Cotas: sistemas de coordenadas, cotas absolutas e incrementais.

* Orixes: misión e forma de establecelas.

* Comentarios: utilidade e formatos.

* Traxectorias: tipos e codificación.

* Velocidades: tipos, sentido e aplicación.

* Avances: tipos, obxectivos e aplicación.

* Ciclos: obxectivo, características específicas, codificación.

* Funcións auxiliares: obxectivo, principio de fundamentación e codificación .

* Compensación: compensación de radio, lonxitude (correctores), efectos sobre os cálculos polo CNC e a súa codificación.

* Cambios de ferramenta: obxectivo, codificación, efectos e tipos de cambiadores.

* Introducción de programas: manualmente, periférico ou DNC.

* Execución de programas infinitos.

Contidos actitudinais

Preparación de máquinas para o mecanizado:

* Responsabilidade na manipulación dos utensilios e sistemas de amarre.

* Respecto e cumprimento dos procedementos e normas establecidas para a montaxe de pezas, accesorios, utensilios e ferramentas.

* Orde e iniciativa na preparación e posta a punto de máquinas, ferramenta auxiliar e no propio procedemento, respectando a normativa sobre seguridade.

* Interese por obter información que permita contrasta-los intereses profesionais e as aptitudes propias.

Programación de máquinas de CNC:

* Hábito para codificar responsable e respectuosamente, de acordo co proceso establecido.

* Rigor nos cálculos.

* Esforzo por analizar e optimiza-los programas.

3.2.3. Módulo profesional 3: sistemas auxiliares de fabricación mecánica:

Asociado á unidade de competencia 2: preparar e programar máquinas e sistemas para proceder ó mecanizado.

Capacidades terminais elementais

* Describi-las técnicas de manipulación, transporte e almacenamento utilizadas nos procesos de fabricación.

* Interpreta-la información técnica que leva un proceso.

* Identifica-los elementos utilizados na automatización dos procesos de fabricación.

* Describi-los medios utilizados para a automatización da alimentación das máquinas explicando a función dos elementos estructurais, cadeas cinemáticas, elementos de control, actuadores (motores) e captadores de información.

* A partir dun proceso de fabricación no que se teñan en conta fases de selección de materiais, alimentación de máquinas, mecanizado e almacenaxe, elabora-lo diagrama de fluxo dun proceso de fabricación.

* Face-lo deseño dun sistema elemental de seguridade nun proceso, realiza-la lista dos medios necesarios e elaborar un informe coa valoración da solución adoptada.

* Relaciona-las funcións características das linguaxes de PLCs e robots coas operacións que hai que realizar cos equipos auxiliares de fabricación.

* Explica-los sistemas de transmisión e almacenamento de información utilizados na programación de PLCs e robots.

* Establece-la secuencia de movemento e as variables que se van controlar (presión, velocidade e forza) nos sistemas de alimentación de máquinas PLC e robots, realizando os diagramas de fluxo correspondentes.

* Realiza-lo programa de control do PLC e Robot.

* Realizar un programa alternativo de control dunha solución a unha posible continxencia.

* Explica-las variables regulables nos procesos auxiliares de fabricación (forza, presión e velocidade) relacionando as variables cos elementos que

actúan sobre elas (pneumáticos, hidráulicos, eléctricos).

* Describi-las técnicas de regulación e verificacións das variables (forza e velocidade).

* Predici-los riscos que xorden ó operar con órganos (eléctricos, pneumáticos, hidráulicos).

* Describi-lo mantemento de primeiro nivel nos sistemas de manipulación, transporte e alimentación.

* Executa-la montaxe e desmontaxe de actuadores (hidráulicos, pneumáticos, eléctricos) dunha forma ordenada e utilizando os medios axeitados.

* Regula-las variables (forza e velocidade) para as diferentes manobras dun manipulador.

* Verifica-las magnitudes das variables cos instrumentos axeitados (manómetros, regras, tacómetros, dinamómetros).

* Formula-la relación existente entre parámetros do sistema e tempo de resposta.

* Explica-los aparellos de medición.

* Describi-las unidades de medida.

* Utilizar con destreza os instrumentos de medida e verificación.

* Identifica-las variables que hai que controlar nun proceso de fabricación mecánica que conteña fases de manipulación de pezas, operacións de mecanizado, etc.

* Medi-las magnitudes das variables diante das distintas solicitacións dun sistema de manipulación.

* Regula-los elementos de control, para que o proceso se desenvolva dentro das tolerancias permitidas.

* Verifica-las traxectorias dos elementos móbiles e proceder á súa modificación en caso necesario.

* Optimiza-las traxectorias, evitando movementos innecesarios.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Medios de manipulación, transporte e almacenamento:

* Execución da montaxe e desmontaxe de actuadores, tanto pneumáticos como hidráulicos, eléctricos e mecánicos.

* Execución da montaxe e desmontaxe de elementos de control, tanto pneumáticos como hidráulicos.

* Identificación dos elementos de regulación relacionándoos coas variables para regular.

* Regulación das variables que interveñen nun automatismo (caudal, presión, tensión, intensidade...).

* Verificación do comportamento dos distintos sistemas en función das solicitudes a que estean sometidos.

* Utilización correcta dos instrumentos de medida.

Programación de sistemas automáticos:

* Elaboración do diagrama de fluxo, de funcións espacio-fase/tempo e contactos.

* Realización de programas sinxelos utilizando as diferentes linguaxes de programación, tanto con PLCs como con robots.

* Introducción secuenciada e ordenada das diferentes ordes de programación.

* Modificación dun programa xa existente que dea solución a un posible problema.

* Execución da simulación sobre equipos industriais ou sobre maqueta, se non é posible, dunha manobra previamente programada.

* Optimización de movementos e comprobación de traxectorias corrixindo o programa.

Contidos conceptuais

Medios de manipulación, transporte e almacenamento:

* As técnicas de manipulación, operacións que comprenden o agarre, a distribución, a clasificación, a ordenación, a introducción, o posicionamento, a suxeición a transmisión.

* Tipos de manipuladores: lineais, lineais intermitentes (diferentes tipos), circulares intermitentes (pratos divisores verticais e horizontais), alimentadores de pezas e ferramentas para máquinas.

* Tipos de robots: pick and place, intelixentes. Graos de liberdade e espacios operativos.

* Elementos de transporte e elevación.

* Cadeas cinemáticas, eixos, árbores, rodas dentadas (tipos), cadeas de transmisión (tipos), encaixamentos (fixos e esvarantes).

* Compresores e bombas hidráulicas (tipos).

* Elementos de mando, regulación e control (pneumáticos, eléctricos e hidráulicos).

* Actuadores: lineais e rotativos (motores), tanto pneumáticos como eléctricos ou hidráulicos.

* Información técnica. Conceptos de masa, forza, velocidade lineal e de xiro, aceleración, presión, caudal, intensidade, resistencia, diferencia de potencial, potencia e traballo. Unidades.

* Aparellos de medición relacionados coas anteriores magnitudes.

Programación de sistemas automáticos:

* Diagrama de fluxo.

* Diagrama de funcións.

* Diagrama espacio-fase e espacio-tempo.

* Diagrama de contactos.

* O control lóxico programable e a súa estructura.

* Linguaxes de programación.

* Linguaxes de programacións de robots.

* Transmisión de datos.

Contidos actitudinais

Medios de manipulación, transporte e almacenamento:

* Rigor polo cumprimento das normas de seguridade.

* Responsabilidade na súa actuación.

* Compromiso co cumprimento dos procedementos e normas de actuación establecidas.

* Sensibilidade polas condicións de traballo e o seu contorno.

Programación de sistemas automáticos:

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade.

* Responsabilidade na súa actuación.

* Preocupación pola valoración da productividade.

* Esforzo na mellora da calidade.

* Compromiso co cumprimento dos procedementos e normas de actuación establecidas.

3.2.4. Módulo profesional 4: fabricación por arrinque de labra:

Asociado á unidade de competencia 3: mecaniza-los productos por arrinque de labra.

Capacidades terminais elementais

* Describi-los modos características de obter formas por arrinque de labra e os seus distintos niveis de integración de máquinas e ferramentas (célula de mecanizado -FFS-) Sistemas de fabricación flexibles (MFE) e fabricación integrada por ordenador (CIM).

* Describi-las máquinas-ferramenta de arrinque de labra explicando a función de:

-Elementos estructurais.

-Cadeas cinemáticas correspondentes a obtencións de formas.

-Cadeas cinemáticas correspondentes a transferencia de enerxía.

-Elementos de medición e control.

-Sistemas de automatización.

* Relaciona-las máquinas-ferramenta coas formas, dimensións, tolerancias de fabricación, acabados e pezas que se poidan fabricar.

* Describi-las ferramentas e portaferramentas para o arrinque de labra, sinalando:

-Materiais constructivos.

-Formas e xeometrías de corte.

-Elementos compoñentes.

-Condicións de utililización.

-Esforzos que se presentan.

* Describi-lo fenómeno da formación da labra nos materiais metálicos.

* Describi-los dispositivos do desgaste das ferramentas, indicando forma e límites tolerables.

* Describi-los dispositivos de amarre, centrado e toma de referencia iniciais da máquina-ferramenta.

* Describi-las máquinas auxiliares identificando as súas funcións, capacidades características, condicións e riscos de uso.

* Describi-los elementos de elevación e transporte utilizados na carga de máquinas-ferramenta, identificando as súas aplicacións, capacidades e información.

* Relaciona-los erros finais máis usuais nas formas finais das pezas mecanizadas cos defectos de amarre e aliñación.

* Seleccionar, a partir da interpretación da información técnica e do proceso de mecanizado que hai que empregar:

-Material de partida en función do producto solicitado.

-Máquinas e equipos.

-Utensilios e ferramentas.

* Coloca-los útiles e ferramentas nas máquinas efectuando o axuste dos parámetros (ángulos de corte, profundidade e pasadas).

* Comproba-la exactitude dos controis da máquina e ferramenta mediante os instrumentos axeitados (calibres, micrómetros, galgas e goniómetros).

* Realiza-la operación de amarre e toma de referencia das máquinas de acordo coas especificacións do proceso.

* Mecaniza-las superficies de centrado e/ou referencia de acordo co procedemento establecido.

* Realiza-lo mecanizado dunha peza con torno e fresadora identificando as ferramentas (fresas, brocas, coitelas e plaquiñas de corte) necesarias para a execución dun proceso dado, pondo a punto a súa xeometría de corte e dimensións de referencia, seleccionando os parámetros de corte correspondentes a cada ferramenta a partir da documentación técnica correspondente, regulando os mecanismos das máquinas (levas, topes e finais de carreira), realizando as manobras (montaxe de peza, ferramenta, accionamento de órgano de mando) necesarias para executa-lo mecanizado, analizando as diferencias que se presentan entre o proceso definido e o observado, identificando as debidas ás ferramentas, ás condicións de corte, á máquina ou á peza e establecendo as correccións axeitadas nas ferramentas e condicións de corte en función das desviacións observadas respecto ó proceso definido.

* Realiza-la simulación do proceso de elaboración da peza, axustando os parámetros necesarios.

* Axusta-las coordenadas da peza e a posición cero máquina e cero peza, corrixíndoas no seu caso, para minimizar percorridos e tempos.

* Mecanizar unha primeira peza, comprobando os parámetros prescritos no plano da peza, corrixindo, se é o caso, os erros detectados.

* Resolve-las continxencias controlando na pantalla o proceso de operación.

* Modifica-las variables co obxecto de adecua-lo programa á fabricación de pezas semellantes ou unitarias.

* Identifica-los riscos e/ou nivel de perigosidade que supón a manipulación dos distintos materiais, productos, ferramentas, manuais, útiles e máquinas e medios de transporte empregados para o mecanizado.

* Describi-los elementos de seguridade (proteccións, alarmas e paros de emerxencia) das máquinas, así como os sistemas (posta en marcha e parada) e indumentaria (calzado e protección ocular) que se deben empregar nas distintas operacións de mecanizado.

* Describi-los elementos de seguridade das máquinas, así como os sistemas e indumentaria que se deben empregar nas distintas operacións de mecanizado.

* Describi-los utensilios de medición e verificación relacionándoos coas súas aplicacións.

* Medir e verifica-las pezas utilizando axeitadamente os instrumentos de medida apropiados.

* Realiza-la medición de diversos parámetros (dimensións, estado superficial...) mediante o emprego de instrumentos adecuados e segundo procedementos establecidos.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Preparación para o mecanizado:

* Identificación interpretación e análise da información do funcionamento das máquinas para o mecanizado por arrinque de labra.

* Colocación de ferramentas e utensilios nas máquinas (fresas, brocas...), efectuándose o axuste dos parámetros de traballo (velocidade de corte, ángulo de corte...) correspondentes a cada ferramenta a partir da documentación técnica correspondente.

* Realización da regulación dos mecanismos das máquinas (levas, topes, finais de carreira...) para o mecanizado por arrinque de labra.

* Realización das operacións de amarre e montaxe da peza, centrado e toma de referencias necesarias para executa-lo mecanizado.

* Identificación dos elementos das máquinas que requiran mantemento de primeiro nivel.

* Realización das operacións de mantemento de uso en primeiro nivel (engraxado, limpeza...).

* Análise e comprobación da linguaxe específica utilizada nun programa de CNC.

* Realización da simulación do proceso de elaboración da peza, axustando os parámetros de traballo necesarios.

* Identificación de riscos características dos procesos de mecanizado por arrinque de labra, relacionando os distintos parámetros entre si.

* Identificación dos riscos e nivel de perigosidade que supón a manipulación dos distintos materiais, productos, ferramentas, máquinas e medios de transporte empregados para o mecanizado por arrinque de labra.

* Identificación dos elementos de seguridade (proteccións, alarmas, emerxencias...), sistemas de posta en marcha/parada das máquinas e indumentaria (calzado, protección ocular...) que se deben empregar nas distintas operacións de mecanizado.

* Identificación e posta a punto dos utensilios necesarios de medición e verificación segundo as especificacións do proceso de traballo.

* Análise das posibles diferencias entre o proceso de traballo definido e o real.

Realización do mecanizado:

* Selección do material de partida, máquinas e equipos, útiles e ferramentas, parámetros de regulación e control, en función do producto mecanizado e segundo as especificacións técnicas.

* Realización das manobras correspondentes á execución do proceso de mecanizado en torno e fresadoras convencionais e de CNC, segundo as especificacións técnicas.

* Verificación e control de diversos parámetros (dimensións, estado superficial...) mediante o emprego de instrumentos axeitados e segundo os procedementos establecidos.

* Corrección e axuste dos utensilios e ferramentas e as condicións de corte das máquinas, en función das desviacións observadas respecto ó proceso definido.

* Establecemento das medidas de seguridade e precaución que se deben adoptar en función das normas e instruccións específicas aplicables ás distintas operacións de mecanizado por arrinque de labra.

Contidos conceptuais

Preparación para o mecanizado:

* Máquinas-ferramenta de arrinque de labra: tipos, capacidades de traballo e precisións. Estructura e elementos constituíntes.

* Ferramentas para o arrinque de labra: funcións, formas e xeometrías de corte. Materiais para as ferramentas.

* Formación de labra. Parámetros que a definen. Relación entre elas e os defectos que se producen na dita formación.

* O fenómeno do desgaste nas ferramentas de corte.

* Riscos no manexo de máquinas-ferramenta de arrinque de labra.

* Instrumentos de medida e verificación.

Realización do mecanizado:

* Traballos elementais en máquinas-ferramenta auxiliares (electroesmeriladoras, limadoras, serra mecánica...).

* Traballos elementais no torno.

* Roscado no torno. Execución de roscas.

* Traballos elementais na fresadora.

* Traballos na fresadora (rodas dentadas, levas, etc.).

* Traballos nas máquinas de CNC.

Contidos actitudinais

Preparación para o mecanizado:

* Rigor na organización.

* Valoración da iniciativa no traballo.

* Cooperación para o traballo en equipo.

* Responsabilidade no traballo individual e en grupo.

Realización do mecanizado:

* Rigor no cumprimento das normas e procedementos de seguridade establecidos.

* Dilixencia na interpretación e execución das instruccións que recibe.

* Valoración da iniciativa de traballo.

* Cooperación para o traballo en equipo.

* Responsabilidade no traballo individual e en grupo.

* Hábito no uso da roupa e medios de protección persoal axeitados e en perfectas condicións.

3.2.5. Módulo profesional 5: fabricación por abrasión, conformado e procedementos especiais:

Asociado á unidade de competencia 4: mecaniza-los productos por abrasión, conformado e procedementos especiais.

Capacidades terminais elementais

* Describi-los modos características de obter formas por procesos de abrasión, corte, conformados e especiais e os seus distintos niveis de integración de máquinas-ferramenta (FFS, MFS, CIM).

* Describi-las máquinas-ferramenta de abrasión, corte, conformado e especiais, explicando a función de:

-Elementos estructurais.

-Cadeas cinemáticas correspondentes á obtención de formas.

-Cadeas cinemáticas correspondentes á transferencia de enerxía.

-Elementos de medición e control.

-Sistemas de automatización.

* Relaciona-los distintos equipos coas formas, dimensións, tolerancias de fabricación, acabados e materiais empregados, das pezas que se poidan fabricar.

* Describi-las ferramentas e portaferramentas para o mecanizado, identificando:

-Materiais constructivos.

-Formas e xeometría de corte.

-Elementos compoñentes.

* Describi-lo fenómeno do desgaste das ferramentas, indicando formas e límites tolerables.

* Describi-los dispositivos de amarre, centrado e toma de referencias iniciais das máquinas utilizadas en procesos de abrasión, corte, conformado e especiais.

* Describi-los elementos de elevación e transporte utilizados na carga de máquinas, identificándose as súas aplicacións, capacidades e riscos de uso.

* Relaciona-los erros finais de forma máis frecuentes nas pezas mecanizadas cos defectos de amarre e aliñación.

* Seleccionar, a partir da interpretación da información técnica do proceso de mecanizado que hai que empregar:

-Material de partida en función do producto solicitado.

-Máquinas e equipos.

-Utensilios e ferramentas.

-Parámetros de regulación e control.

* Relaciona-las operacións de amarre e toma de referencias en máquinas de acordo coas especificacións do proceso.

* Coloca-los utensilios e ferramentas nas máquinas efectuando o axuste dos parámetros (ángulos de corte, profundidades e pasadas).

* Asigna-los parámetros (dimensións, velocidades, aliñación e presión) das máquinas en función dos datos técnicos e/ou tipo de mecanizado.

* Medi-la exactitude dos controis das máquinas e ferramentas mediante os instrumentos apropiados (calibres, galgas e micrómetros).

-Realiza-las operacións de mantemento de uso ou primeiro nivel (engraxado, limpeza...).

* Describi-lo fenómeno do mecanizado por abrasión, indicando os parámetros (composición da moa, dimensións da moa...) que definen a ferramenta e o proceso.

* Describi-las máquinas-ferramenta do mecanizado por abrasión indicando as súas operacións máis características.

* Describi-los elementos de amarre e referencia utilizados nos procesos de mecanizado por abrasión.

* Describi-las máquinas e técnicas características do afiado de ferramentas.

* Describi-los riscos características dos procesos de abrasión, relacionando os distintos parámetros entre si.

* Realiza-la operación de rectificación cilíndrica e plana, a partir dos planos de fabricación e a peza preconformada, seleccionando e pondo a punto a ferramenta de corte, seleccionando e introducindo na máquina as condicións do proceso a partir da documentación técnica, realizando as manobras correspondentes á montaxe, amarre e toma de referencias dunha peza, realizando as manobras correspondentes á execución do proceso, analizando as diferencias que se presenten entre o proceso definido e o observado, identificando as debidas ferramentas e as condicións de corte da máquina en función das desviacións observadas respecto ó proceso definido e realizando tódalas manobras dentro das normas de seguridade.

* Describi-lo procedemento de dobrado, corte, embutición e extrusión explicando os fenómenos físicos que se producen.

* Describi-las partes fundamentais dos utensilios de dobrar, cortar, embutir e extrusionar.

* Relacionar tipos de productos mecánicos cos productos de dobrado, corte, embutido e extrusionado.

* Explica-los riscos características dos procesos de dobrado, corte por cuño, embutición e extrusionado e as normas de seguridade aplicables.

* Realiza-lo proceso de dobrado, embutido e corte dunha peza por cuño montando e pondo a punto os utensilios necesarios, realizando operacións de mecanizado, retocando e axustando os utensilios para corrixi-los defectos da peza e operando dentro das normas de seguridade.

* Describi-los procedementos especiais de mecanizado, indicando a súa singularidade, as máquinas-ferramenta nas que se realizan e os parámetros e operacións que os caracterizan.

* Describi-las ferramentas de corte propias de procedementos especiais, indicando as súas características.

* Realiza-las operacións de fabricación por electroerosión, interpretando os planos e especificacións, identificando no proceso as distintas operacións, detectando incorreccións nos parámetros de mecanizado, desviacións de forma ou dimensións da peza, corrixi-las referencias e/ou ferramentas para mellora-lo producto e operando coa máquina dentro das normas de seguridade.

* Describi-los utensilios de medición e verificación relacionándoos coas súas aplicacións.

* Medir e verifica-las pezas utilizando adecuadamente os instrumentos de medida axeitados (sondas de medición, regras de senos, patróns, proxectores de perfís, rugosímetro...).

* Realiza-la medición de diversos parámetros (dimensións, estado superficial...) mediante o emprego de instrumentos axeitados e segundo os procedementos establecidos.

* Compara-los resultados obtidos coas especificacións, co fin de verifica-lo seu cumprimento e, se é o caso, corrixir desviacións.

* Identifica-los riscos e nivel de perigosidade que supón a manipulación dos distintos materiais, productos, ferramentas, manuais, utensilios, máquinas e medios de transporte empregados para o mecanizado por abrasión, corte, conformado e especiais.

* Describi-los elementos de seguridade das máquinas (sensores de presencia, limitadores de velocidade, válvulas de seguridade de presión, alarmas...), así como os sistemas (barreiras, accionamentos bimanuais, pantallas antiproxección, sistemas antilume...) e equipos de protección persoal (luvas, protección ocular, indumentaria...) que se debe empregar nas distintas operacións, de mecanizado por abrasión, corte, conformado e especiais.

Contidos (duración 195 horas)

Contidos procedementais

Preparación para o mecanizado:

* Preparación para o mecanizado por abrasión, conformado e procedementos especiais.

* Identificación e interpretación da información do funcionamento das máquinas de abrasión, corte/conformado e especiais en función do mecanizado.

* Asignación dos parámetros ás máquinas (dimensións, velocidade, aliñación, presión...) en función dos datos técnicos e/ou tipo de mecanizado.

* Colocación dos utensilios e ferramentas nas máquinas, efectuando o axuste dos parámetros de traballo (ángulos de corte, profundidade, pasadas...).

* Comprobación da exactitude dos controis da máquina e ferramentas mediante os instrumentos axeitados (calibres, galgas, goniómetros, micrómetros...).

* Realización das operacións de amarre, centrado e toma de referencias iniciais en máquinas de abrasión, conformado, corte e especiais de acordo coas especificacións do proceso.

* Identificación dos elementos da máquina que requiren mantemento de uso ou primeiro nivel (engraxe, limpeza...).

* Identificación dos riscos característicos dos procesos de abrasión, relacionando os distintos parámetros entre si.

* Realización das operacións de mantemento de uso ou primeiro nivel (engraxe, limpeza...).

* Identificación dos riscos características dos procesos de dobrado, corte por cuño, embutición, extrusionado e normas de seguridade aplicables.

* Identificación dos riscos características nos procesos de mecanizado con máquinas-ferramenta especiais.

* Identificación dos riscos e nivel de perigosidade que supón a manipulación de distintos materiais, productos, ferramentas manuais, utensilios, máquinas e medios de transporte empregados para o mecanizado por abrasión, corte, conformado e especiais.

* Identificación dos elementos de seguridade das máquinas (sensores de presencia, limitadores de velocidade, válvulas de seguridade de presións, alar

mas...), así como dos sistemas (accionamentos bimanuais, barreiras, pantallas antiproxeccións, sistemas antilume...) que se deben empregar nas distintas operacións de mecanizado por abrasión, corte, conformado e especiais.

* Identificación e posta a punto dos útiles necesarios de medición e verificación segundo as especificacións do proceso de traballo.

* Análise das posibles diferencias entre o proceso de traballo definido e o proceso real.

Realización do mecanizado por abrasión, conformado e especiais:

* Selección do material de partida, máquinas e equipos, utensilios e ferramentas, parámetros de regulación e control, en función do producto que se vaia mecanizar e segundo as especificacións técnicas.

* Realización do mecanizado por abrasión:

-Realización das manobras correspondentes.

-Identificación das diferencias que se presentan entre o proceso definido e o observado identificando as debidas ferramentas e as condicións de corte da máquina en función das desviacións observadas respecto ó proceso definido do rectificado.

-Corrección e axuste dos utensilios e ferramentas e as condicións de traballo das máquinas para evitar defectos nas pezas.

-Verificación e control da peza mecanizada segundo o seu plano e as pautas establecidas.

* Realización do mecanizado por conformado:

-Montaxe e posta a punto dos utensilios necesarios para o dobrado, corte por cuño, embutido ou extrusionado.

-Execución das operacións necesarias para obte-las pezas por corte/conformado respectando as normas de seguridade.

-Verificación e control da peza mecanizada, segundo o seu plano e as pautas establecidas.

-Realización dos retoque e axustes dos utensilios (cuños) para corrixi-los posibles defectos observados na peza.

* Realización do mecanizado por abrasión, conformado e especiais.

-Execución das operacións necesarias para obte-las pezas por electroerosión, operando coa máquina dentro das normas de seguridade.

-Verificación e control da peza erosionada segundo o seu plano e as pautas establecidas.

-Corrección das referencias e/ou ferramentas para mellora-lo producto erosionado.

* Medición e verificación das pezas utilizando adecuadamente os instrumentos de medida apropiados (sondas de medición, regras de senos, patróns, proxectores de perfís, rugosímetro...).

* Establecemento das medidas de seguridade e precaucións que se deben tomar en función das nor

mas e instruccións específicas aplicables ás distintas operacións de mecanizado por abrasión, corte, conformado e especiais.

Contidos conceptuais

Preparación para o mecanizado:

* No fenómeno da abrasión:

-Ferramentas de rectificado. Moas. Eleccións e factores de corte das moas.

-As máquinas para abrasión:

-Tipos, formas que se poden obter e precisións.

-Estructuras e elementos constituíntes.

-Máquinas especiais para a abrasión: sen centros, de roscas, de perfís, etc.

* Sistemas de amarre de pezas e ferramentas para o mecanizado por abrasión, corte, conformado e especiais.

* Obtención de formas por corte, dobrado, curvado, extrusionado... Fenómenos físicos que se producen.

* Partes fundamentais dos utensilios de dobrar, curvar, embutir e extrusionar.

* Outros procedementos para a obtención de formas (electroerosión por penetración, por fío, por láser...).

* Riscos no manexo de máquinas e equipos para o mecanizado por abrasión, corte e conformado e especiais.

Realización do mecanizado por abrasión, conformado e especiais:

* Traballos de rectificado: cilíndrico, cónico, plano, especiais, de forma...

* Capacidades e limitacións para a obtención de formas.

* Operacións normais de acabado. Procedementos especiais (pulido, brunido, lapeado).

* Modificacións en matricería e moldes para corrixi-las desviacións na calidade do producto obtido.

Contidos actitudinais

Preparación para o mecanizado:

* Responsabilidade na organización e iniciativa no traballo.

* Rigor na seguridade e calidade no traballo.

* Compromiso co traballo individual e en grupo.

Realización do mecanizado por abrasión, conformado e especiais:

* Respecto pola observación das normas e procedementos de actuación establecidos.

* Compromiso co traballo individual e en grupo.

* Responsabilidade na organización e iniciativa no traballo.

* Valoración da seguridade e hixiene no posto de traballo e no contorno.

* Hábito de utilización de roupa laboral axeitada e en perfectas condicións.

3.2.6. Módulo profesional 6: control das características do producto mecanizado:

Asociado á unidade de competencia 5: comproba-las características do producto.

Capacidades terminais elementais

* Describi-las condicións de temperatura, humidade, limpeza... que debe cumprir unha peza para proceder ó seu control.

* Describi-las deficiencias típicas (rebabas, poros, fendas e deformacións por sistema de amarre) que presentan as pezas antes de ser controladas.

* Describi-las técnicas utilizadas para a identificación, preparación e manipulación de probetas e pezas sometidas ó control.

* Describi-las técnicas de control e medición de probetas para comprobar se se cumpre coas esixencias de calidade.

* Identifica-los útiles e instrumentos de control empregados na preparación e control de probetas indicando a súa finalidade e campo de aplicación.

* Describi-la preparación e acondicionamento final esixidos ás pezas e probetas antes de ser sometidas ó control de ensaio.

* Describi-los instrumentos de medida e control empregados na fabricación mecánica, indicando a magnitude que controlan, o seu campo de aplicación e a súa precisión de medida.

* Describi-las técnicas de control adecuadas ás distintas verificacións dimensionais e xeométricas que se presentan na fabricación mecánica.

* Enumera-los tipos de erros que inflúen nunha medida.

* Perante unha situación real de medición ou control seleccionar, entre os instrumentos dispoñibles, os máis axeitados, e utilizalos de forma adecuada para proceder á devandita verificación.

* Comprobar perante unha situación real o correcto funcionamento dos instrumentos de medida e control, procedendo ó seu axuste, aplicando os medios e criterios establecidos pola normativa.

* Realiza-la verificación dimensional e xeométrica dunha peza real, aplicando os instrumentos e métodos, indicando na pauta de control prescrita para a dita peza e anotando os resultados nunha ficha de toma de datos ou gráfico de control.

* Describi-las técnicas de obtención e preparación de probetas atendendo ó tipo de ensaio.

* Relaciona-los diferentes ensaios destructivos cos parámetros e defectos que hai que controlar, describindo o seu fundamento, aplicación e limitacións.

* Describi-los instrumentos e máquinas empregados nos ensaios destructivos e procedementos de emprego.

* Describi-los instrumentos e máquinas empregadas nos ensaios de maquinabilidade e procedementos de emprego.

* Explica-las técnicas empregadas na realización de ensaios destructivos (maquinabilidade, compresión, flexión, dureza, metalográfico...).

* Explica-los erros máis característicos que se dan nos equipos e máquinas empregadas nos ensaios e a maneira de corrixilos.

* Explica-los defectos típicos máis usuais que aparecen nos procesos de mecanizado, valorando a súa gravidade.

* Realiza-la preparación e acondicionamento das materias ou probas necesarias para a execución dos ensaios de maquinabilidade, tracción e dureza. Face-los ensaios, aplicando as normas ou procedementos axeitados. Interpreta-los resultados obtidos establecendo as posibles causas que producen os defectos observados.

* Describi-las técnicas de obtención e preparación de probetas atendendo ó tipo de ensaio.

* Relaciona-los diferentes ensaios non destructivos cos parámetros e defectos que hai que controlar describindo o seu fundamento, aplicación e limitacións.

* Describi-los instrumentos e máquinas empregadas nos ensaios non destructivos e o procedemento de emprego.

* Explica-las técnicas empregadas na realización de ensaios non destructivos (líquidos penetrantes, partículas magnéticas, correntes inducidas, conductividade, ultrasóns, radiográficos...).

* Explica-los erros máis característicos que se dan nos equipos e máquinas empregadas nos ensaios e a maneira de corrixilos.

* Explica-los defectos típicos máis usuais que aparecen nos procesos de mecanizado valorando a súa gravidade.

* Enumerar normas de uso, seguridade e almacenamento dos medios de END.

* Realiza-lo ensaio non destructivo acondicionando a zona, preparando o equipo, identificando a defectoloxía que se pode presentar, indicando o motivo que a produciu, rexistrando e clasificando os resultados en termos de criterios escritos e cumprindo as normas de uso, seguridade e hixiene durante as operacións de ensaio.

* Describi-los defectos típicos de calidade que presentan as pezas mecanizadas e as posibles causas que os xeran.

* Identifica-las técnicas de control de proceso utilizadas na industria mecánica, enumerando as alarmas ou criterios de valoración dos gráficos de control empregados.

* Describi-lo concepto de capacidade de proceso e os índices que a avalían.

* Calcular segundo o procedemento establecido os distintos índices de capacidade de proceso dunha

serie de mostras medidas con valores e especificacións técnicas coñecidas.

* Identifica-las fases de control e autocontrol aplicables a un proceso de mecanizado relacionando o procedemento cos resultados que se deben obter e identificando os medios e útiles que se deben empregar.

* Realiza-lo control de calidade dun proceso de mecanizado identificando as características de calidade do producto, identificando as técnicas de control pedidas, cubrindo cos datos dispoñibles os correspondentes gráficos de control de pedidos, interpretando as alarmas ou criterios de valoración detectados nos gráficos de control realizados, determinando os índices de capacidade de proceso, identificando as desviacións producidas no proceso, determinando as posibles causas que ocasionaron as desviacións do proceso detectado, propondo as correccións necesarias para evita-las desviacións detectadas no proceso e describindo os dispositivos e instrumentos de control.

* Describi-los principios e técnicas que se deben seguir na obtención e selección de datos para realizar partes ou informes de control.

* Describi-las técnicas de análise e presentación de datos empregadas no control do proceso ou producto.

* Realiza-la verificación dunha serie de pezas partindo da documentación técnica e de control, cubrindo o parte de verificación de formato, indicando os resultados e incidencias máis importantes da verificación e realizando un gráfico ou histograma representativo das variacións dimensionais dunha das cotas críticas verificadas.

* Realiza-lo informe de calidade do proceso de mecanizado dun producto ou peza definido polas súas especificacións técnicas, reestructurando a información obtida para facilita-la súa comprensión, analizando os datos obtidos no control e presentalos mediante o tipo de gráfico máis adecuado, avaliando respecto das especificacións de calidade pedidas os resultados obtidos na realización dos ensaios, no control do producto e durante o control do proceso, sinalando as incidencias detectadas no producto ou proceso e expresa-los resultados finais do control, identificando os fallos de calidade do producto ou do proceso, relacionando os fallos de calidade coas súas posibles causas, propondo dentro dun ámbito de traballo as melloras e accións correctoras que permitan aumenta-la calidade do producto ou proceso, xustificando con razoamentos técnicos e estimacións económicas a adopción dunha determinada proposta en contraposición con outras e redactando o parte ou informe de control do producto

ou proceso de forma clara e precisa, respectando os apartados e normas ou formatos establecidos.

Contidos (duración 145 horas)

Contidos procedementais

Control na recepción e fabricación das características do producto:

* Selección dos instrumentos de control idóneos para a constatación da calidade do producto mecanizado.

* Comprobación do estado dos instrumentos de medida antes da súa utilización.

* Realización do control do producto mecanizado.

* Preparación de probetas, realización de ensaios e interpretación de resultados de ensaios destructivos e metalográficos.

* Preparación de probetas, realización de ensaios e interpretación de resultados de ensaios non destructivos.

* Aplicación de cálculos estatísticos coa súa interpretación e determinación de accións correctoras.

* Descrición das principais técnicas para realizar un informe de control e a súa posterior análise con identificación de fallos.

* Proposición de accións correctoras con xustificación técnico-económica.

Contidos conceptuais

Control en recepción e fabricación das características do producto:

* Fundamentos da metroloxía dimensional. Concepto de medida. Laboratorio de metroloxía. Patróns e interpretación de tolerancias.

* Instrumentos de metroloxía, patróns físicos, instrumentos de medida directa e indirecta, dimensionais e angulares, máquinas de medir.

* Técnicas de medición, dimensional, formas xeométricas e calidade superficial. Medicións especiais, roscas e engrenaxes.

* Ensaios mecánicos, metalográficos e ensaios non destructivos.

* Calidade, fundamentos, garantía e manual de garantía de calidade.

* Técnicas de control de calidade, pautas, estatísticas e análise de control.

* Pautas de control, informe e análise de resultados.

Contidos actitudinais

Control no recepción e fabricación das características do producto:

* Rigor na conservación do equipo de medida.

* Hábito na limpeza de utensilios de medidas e pezas para controlar.

* Valoración da observación rigorosa do proceso de medida.

* Esforzo por redactar con claridade e concreción os informes.

3.2.7. Módulo profesional 7: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 6: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 8: seguridade nas industrias de fabricación mecánica:

Capacidades terminais elementais

* Compara-los plans de seguridade e hixiene de empresas do sector de fabricación mecánica.

* Identificar e describi-los aspectos máis relevantes de plans de seguridade recollidos na documentación que os contén.

* Identificar e describi-los factores e situacións de risco para a saúde e seguridade contidos nos devanditos plans.

* Describi-las funcións dos responsables de seguridade da empresa e das persoas a quen se lles asigna tarefas especiais en casos de emerxencia especificadas nos referidos plans.

* Relacionar e describi-las adecuadas medidas preventivas e os métodos de prevención establecidos para evitar accidentes.

-Valorar, emitindo unha opinión crítica, cada un dos plans de seguridade presentados.

* Identifica-los dereitos e deberes máis relevantes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* A partir dun certo numero de plans de seguridade e hixiene de diferente nivel de complexidade:

* Relacionar e describi-las normas relativas á limpeza e orde no contorno de traballo.

* Relacionar e describi-las normas sobre simboloxía e situación física de sinais e alarmas, equipos contra o lume, equipos de curas e primeiros auxilios.

* Identificar e describi-las normas para a parada e manipulación interna e externa dos sistemas, máquinas e instalacións.

* Relaciona-las normas particulares de cada plan analizado coa lexislación vixente, describindo o desaxuste, se o houber, entre as normas xerais e a súa aplicación ou concreción no plan.

* Describi-las propiedades e uso das roupas e equipos máis comúns de protección persoal.

* Enumera-los diferentes tipos de sistemas para a extinción do lume, describindo as propiedades e empregos de cada un.

* Describi-las características e finalidade dos sinais e alarmas regulamentarios para indicar lugares de risco e/ou situacións de emerxencia.

* Describi-las características e usos dos equipos e medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.

* Identificar e describi-las causas dos accidentes.

* Identificar e describi-los factores de risco e as medidas que terían evitado o accidente.

* Avalia-las responsabilidades do traballador e da empresa nas causas do accidente.

* Valorar se se cumpriron as normas de seguridade considerando tanto as condicións de traballo como a saúde propia e a allea.

* Identifica-las posibles fontes de contaminación do contorno ambiental.

* Relaciona-los dispositivos de detección de contaminantes, fixos e móbiles coas medidas de prevención e protección que se van utilizar.

* Describi-los medios de vixilancia máis usuais nos procesos de producción e depuración na industria de fabricación mecánica.

* Explica-las técnicas coas que a industria de fabricación mecánica depura substancias perigosas para o medio.

* Xustifica-la importancia das medidas de protección no referente á súa propia persoa e colectividade e ó medio.

* Describi-los medios hixiénicos para evitar contaminacións persoais ou cara ó producto que se debe manipular ou obter.

* Relaciona-la normativa medioambiental referente á industria de fabricación mecánica cos procesos productivos concretos en que se debe aplicar.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Análise de plans e normas de seguridade e hixiene:

* Caracterización e concretización de plans de seguridade:

* Identificación e descrición dos contidos máis relevantes.

* Distinción dos factores e situacións de risco que aparecen.

* Localización e relación de medidas preventivas de protección establecidas para evitar accidentes.

* Catalogación e selección de normas relativas á orde e limpeza do contorno de traballo, simboloxía e sinais de alarma, parada e manipulación de sistemas, máquinas e instalacións.

* Verificación e valoración de posibles desaxustes entre a lexislación vixente e a súa concreción e aplicacións no plan.

Determinación de factores de risco e medios e equipos técnicos de seguridade no contorno de fabricación mecánica:

* Localización de lugares de risco e/ou situacións de emerxencia a partir da identificación de sinais de alarma e seguridade.

* Mobilización e traslado de obxectos.

* Extinción de lumes.

* Detención dos dispositivos e xustificantes de seguridade propios do sector de fabricación mecánica. Valoración da súa adecuación ó tipo de risco do que se protexen.

* Establecemento dos usos máis adecuados ós dos equipos e medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslados de accidentados.

* Recompilación e concreción de información sobre accidentes reais do sector de fabricación mecánica:

-Estimar e verifica-las súas causas máis habituais.

-Formular medidas que eviten eses accidentes.

-Avaliar responsabilidades tanto do traballador como da propia empresa.

Caracterización de factores e sistemas de prevención e protección do medio:

* Identificación das posibles fontes de contaminación ambiental no contorno de fabricación mecánica.

* Verificación do grao de adecuación dos dispositivos de detección de contaminantes máis empregados no sector, coas medidas de prevención e protección para utilizar.

* Xustificación da importancia das anteriores medidas para o propio traballador e o contorno.

* Relaciona-la normativa medioambiental referente á industria de fabricación mecánica cos procesos productivos concretos en que se debe aplicar.

* Establecemento dos medios hixiénicos para evitar contaminacións persoais e do producto final.

* Identificación das técnicos de depuración de substancias perigosas para o medio ambiental empregadas na industria de fabricación mecánica.

Contidos conceptuais

Análise de plans e normas de seguridade e hixiene:

* Política de seguridade nas empresas. Aspectos máis relevantes. Servicios médicos. Comités de seguridade.

* Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de fabricación mecánica. Normas sobre simboloxía e sinais de seguridade e alarma.

* Normas sobre parada e manipulación externa e interna de sistemas, máquinas e instalacións.

* Normas sobre a limpeza e orde no contorno de traballo e sobre a hixiene persoal.

* Plans de seguridade e hixiene. Documentación. Contidos. Referencia a riscos e elementos de prevención. Relación de normas que inclúen.

* Responsables de seguridade e hixiene e grupos con tarefas especificas, en situacións de emerxencia. Localización nos plans de seguridade. Funcións. Responsabilidade. Niveis de dependencia.

* Dereitos e deberes máis relevantes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene. Responsabilidades legais. O accidente de traballo. A enfermidade profesional. As incapacidades.

Determinación de factores de risco e medios e equipos técnicos de seguridade no contorno da fabricación mecánica:

* Riscos máis comúns no sector de fabricación mecánica. Eléctricos. Lumes. Operacións de mantemento. Específicos de cada actividade.

* Métodos de prevención. Enfermidades profesionais. Accidentes de traballo. Accidentes in itinere.

* Medidas de seguridade en producción, preparación de máquina e mantemento. Xustificantes e dispositivos de seguridade. Protección persoal e colectiva. Mantemento preventivo. Normas e regulamentos.

* Técnicas para a mobilización e traslados de obxectos. Xeneralidades. Levantamento coa man e con medios mecánicos. Transporte á man e con medios mecánicos. Descarga.

* Prevención de lumes. Sistemas de detención e alarmas. Equipos e medios de extinción.

* Prevención dos accidentes eléctricos. Causas que os producen. Factores que inflúen. Características.

* Sinais de alarmas. Cores de seguridade e sinalización. Dispositivos de alarmas, clases e utilidades.

* Medios asistenciais para abordar curas, primeiros auxilios e traslados de accidentados. Caixa de urxencias. Primeira cura de feridas. Sistemática xeral de actuación.

* Técnicos de evacuación. Contidos dun plan de evacuación. Requisitos que debe cumprir. Responsables de levalo a efecto.

Caracterización de factores e sistemas de prevención e protección do medio ambiente:

* Factores físicos do contorno de traballo.

-Ruído.

-Vibracións.

-Radiacións.

-Ambiente térmico.

-Condicións termohigrométricas.

-Iluminación.

-Actuación sobre o foco emisor. Protección do receptor.

* Factores químicos do contorno de traballo. Concepto de tóxico. Factores que determinan a perigosidade dos contaminantes. Contaminantes radiolóxicos. Contaminantes químicos. Actuación sobre o emisor. Protección do receptor.

* Factores sobre o medio ambiente. Augas residuais-industriais. Vertidos/refugallos sólidos e líquidos.

* Procedementos de tratamento e control de afluentes do proceso. Aspectos medioambientais en normalización de productos.

* Normas de avaliación diante de situacións de risco ambiental. Auditoría medioambiental. Preparación e planificación de emerxencias medioambientais. Avaliación medioambiental de emprazamentos.

* Normativa vixente sobre seguridade medioambiental no sector de tratamentos. Residuos líquidos de procesos de arrefriado en tratamentos térmicos. Evacuación de gases.

Contidos actitudinais

Análise de plans e normas de seguridade e hixiene:

* Respecto pola observación das normas e canles de información tanto co profesorado como cos compañeiros, integrándose no traballo en equipo.

* Dilixencia na interpretación e execución das instruccións que recibe.

* Rigor no cumprimento dos procedementos e normas de actuación establecidas.

* Preocupación por dar ideas e argumentos en aspectos relativos á seguridade, colaborando cos seus supervisores.

Determinación dos factores de risco e medios, equipos e técnicos de seguridade no contorno da fabricación mecánica:

* Hábito na organización do propio posto de traballo de forma que cumpra coa lexislación vixente en temas de orde, limpeza e seguridade.

* Actitude vixilante para se poder dar de conta daquilo que atente contra a normativa e seguridade laboral.

* Dilixencia na interpretación e execución das instruccións que reciben en caso de intervención nun accidente laboral.

* Preocupación polo cumprimento e realización eficaz das instruccións establecidas para os casos de evacuación e extinción de lumes.

Caracterización de factores e sistemas de prevención do medio ambiente:

* Actitude vixilante para decatarse de todo o que atente contra o coidado do medio ambiente e o contorno laboral.

3.3.2. Módulo profesional 9: relacións no equipo de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

* Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

* Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

A comunicación na empresa:

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas:

* Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

* Discriminar entre datos e opinións.

* Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo:

* Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Analiza-la actitude humana ante o traballo.

* Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instruccións.

* A mensaxe publicitaria.

* A comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas:

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

As relacións humanas:

* As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

* As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

* As relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo:

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Roles dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* O clima laboral.

* O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Logra-la práctica da comunicación efectiva.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Afacerse a falar en público.

* Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas:

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento de maneira responsable e coherente.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo:

* Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

* Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral:

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.1.Analiza-lo proceso de mecanizado, colaborando na definición do procedemento, fases de mecanizado, equipos, máquinas e medios auxiliares necesarios para executalo.* Identifica-la documentación técnica, interpretando os parámetros e especificacións relacionadas co proceso de mecanizado.

* Propo-lo procedemento que se vai utilizar, identificando os equipos, ferramentas e medios auxiliares inherentes ó seu desenvolvemento.

* Establece-las fases e parámetros de mecanización, garantindo a calidade requirida, optimizando tempos e minimizando custos.
* Selecciona-las ferramentas necesarias en función do tipo de material, a peza que se fabrique, o proceso de mecanizado, a calidade requirida e a dispoñibilidade dos equipos.
* Identifica-las distintas operacións do proceso e os elementos principais de regulación e control das máquinas e equipos.

3.2.Participar na preparación das máquinas e equipos que interveñen na fabricación de productos mecánicos.* Interpreta-la información do proceso identificando os materiais, ferramentas, útiles, máquinas e equipos e parámetros de regulación.

* Intervir nas operacións de mantemento de usuario das máquinas e equipos: limpeza, engraxe, axuste de órganos e afiado de utensilios de corte.

* Realiza-las operacións necesarias para a preparación das máquinas e equipos de mecanización, conformado e procedementos especias: colocación de utensilios de corte ou de conformado e das pezas que se van mecanizar, sistemas de amarre de pezas, carga de programas e colocación de sistemas de protección.
* Resolve-los problemas e continxencias presentadas no proceso de preparación das máquinas e equipos que interveñen na fabricación.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.3.Participar na realización de programas de CNC, a súa adaptación e a posta a punto das máquinas e equipos necesarios para a súa fabricación.* Confecciona-lo programa (ou parte del) de CNC a partir do plano de fabricación, a documentación técnica e a orde de fabricación.

* Realizar correccións e axustes do programa e da máquina.

* Propo-la ferramenta auxiliar necesaria para a realización da primeira peza.
* Arquiva-lo programa no soporte correspondente.
* Realiza-lo mecanizado da primeira peza mediante máquinas e equipos de control numérico.
* Efectuar modificacións no programa optimizándoo coas condicións de calidade establecidas.
* Realiza-la simulación na pantalla.
* Resolve-los problemas e continxencias presentadas na realización do programa de CNC, a súa adaptación e a posta a punto das máquinas e equipos.

3.4.Executar no taller de fabricación as diferentes operacións de mecanizado especificadas nunha ficha de traballo, para obte-lo producto coa calidade requirida, a seguridade adecuada e no tempo establecido.* Obter toda a documentación que se precisa para organiza-lo posto de traballo, pór a punto máquinas e equipos e controla-la calidade.

* Elixi-las máquinas, equipos, ferramentas e medios auxiliares en función do traballo que se vai realizar.

* Identifica-las distintas operacións do proceso e os elementos principais de regulación e control de máquinas e equipos.
* Realiza-la catalogación de materiais necesarios que permitan executa-lo traballo encomendado.
* Mante-la alimentación de materiais, dispóndoos de xeito que efectúen as operacións correctamente.
* Controla-lo funcionamento das máquinas ou equipos, axustando os parámetros para corrixi-las desviacións.
* Controla-los sistemas e instalacións de transporte, evacuación e tratamentos de residuos (labras...) xerados nos distintos procesos.
* Realiza-las funcións de comenzo e fin de xornada co fin de mante-los medios e equipos en estado óptimo de operatividade e dispoñibilidade.
* Executa-lo traballo encomendado en condicións de calidade, seguridade e tempo establecidos.
* Manter libre de riscos a zona de traballo e unha certa orde de limpeza.
* Colaborar con outro persoal do equipo sen entorpece-lo seu labor.
* Resolve-los problemas e as continxencias presentadas na execución de diferentes operacións de mecanizado.

3.5.Participar no seguimento e control da calidade dun producto e do seu proceso de fabricación, participando (no marco das posibilidades do centro de traballo) nas medicións, ensaios, regulacións ou modificacións que se efectúen.* Identifica-lo sistema e as normas de calidade que a empresa ten establecidas no proceso de fabricación.

* Describi-las técnicas empregadas na elaboración de pautas e procesos de control.

* Describi-los medios e as técnicas de control utilizadas nos distintos procesos de fabricación.
* Interpreta-las pautas ou especificacións de control dun producto, identificando as características e parámetros que deben ser controlados.
* Acondicionar e prepara-los elementos que deben ser verificados
* Realizar medicións e ensaios segundo as especificacións, utilizando con destreza e coidado os instrumentos de control.
* Identifica-los defectos de calidade dun producto debido ó proceso, establecendo as causas ou factores que os orixinaron.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Cubri-los partes e gráficos de control requiridos.
* Vixia-lo correcto funcionamento dos equipos e instrumentación asociada ó producto, detectando os funcionamentos anormais.
* Resolve-los problemas e as continxencias presentadas nas medicións, ensaios e regulacións que se efectúen.

3.6.Actuar conforme as normas de seguridade e hixiene relativas ó ámbito da empresa, no exercicio das actividades inherentes ó posto de traballo.* Ter unha actitude cauta e previsora, respectando fielmente e en todo momento as normas de seguridade persoais e colectivas no desenvolvemento das distintas actividades, tanto as recollidas na normativa específica como nas particulares establecidas pola empresa.
* Mante-la zona de traballo libre de riscos e con orde e limpeza.
* Identifica-los riscos asociados ó desenvolvemento dos procesos, materiais, máquinas e instalacións, así como a información de sinais de precaución que existan no lugar da súa actividade.
* Identifica-los medios de protección e o comportamento preventivo que se deben adoptar para os distintos traballos en caso de emerxencia.
* Emprega-los utensilios de protección persoal dispoñibles e establecidos para as distintas operacións.
* Utiliza-los dispositivos de protección de máquinas, equipos e instalacións.

3.7.Actuar de forma responsable no cetro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-social da empresa.* Interpretar e executar con dilixencia as instruccións que recibe e responsabilizarse do traballo que realiza comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.

* Cumprir cos requirimentos e normas de uso do taller, demostrando un bo facer profesional e finalizando o seu traballo nun tempo límite razoable.

* Amosar en todo momento unha actitude de respecto cara ós procedementos e ás normas establecidas.
* Analiza-las repercusións da súa actividade no sistema productivo do sector e do centro de traballo.
* Organiza-las repercusións da súa actividade no sistema productivo do sector e do centro de traballo.
* Organiza-lo propio traballo de acordo coas instruccións e procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e actuando baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.
* Mante-la súa área de traballo cun grao apropiado de orde e limpeza.
* Coordina-la súa actividade co resto do persoal informando de calquera cambio, necesidade relevante ou continxencia non prevista.
* Incorporarse puntualmente ó posto de traballo, beneficiándose dos descansos instituídos e non abandonando o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Elaboración do curriculum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socio-económica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de mecanizado:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Procedementos de mecanizaciónOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesor de ensino secundario

2Preparación e programación de máquinas de fabricación mecánicaMecanizado e mantemento de máquinasProfesor técnico de FP

3Sistemas auxiliares de fabricación mecánicaMecanizado e mantemento de máquinasProfesor técnico de FP

4Fabricación por arrinque de labraMecanizado e mantemento de máquinasProfesor técnico de FP

5Fabricación por abrasión, conformado e procedementos especiaisMecanizado e mantemento de máquinasProfesor técnico de FP

6Control das características do producto mecanizadoOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesor de ensino secundario

7Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

8Seguridade nas industrias de fabricación mecánicaOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesor de ensino secundario

9Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

10Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

MecánicaOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesor de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesor de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IIOrganización e proxectos de fabricación mecánicaProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Organización e proxectos de fabricación

mecánica

-Enxeñeiro técnico industrial (en tódalas súas especialidades)-Enxeñeiro técnico de minas (en tódalas súas especialidades)-Enxeñeiro técnico en deseño industrial-Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade en aeronaves, especialidade en equipos e materiais aeroespaciais-Enxeñeiro técnico naval, especialidade en estructuras mariñas-Enxeñeiro técnico agrícola, especialidade en explotacións agropecuarias, especialidade en industrias agrarias e alimentarias, especialidade en mecanización e construccións rurais-Enxeñeiro técnico de obras públicas, especialidade en construccións civís-Diplomado en máquinas navais

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

* As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Mecanizado e mantemento de máquinas-Técnico superior en producción por mecanizado

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidad con establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de mecanizado require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os siguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de mecanizado150 m120 m25%

Taller de mecanizados especiais150 m120 m15%

Taller de CNC60 m60 m15%

Taller de automatismos90 m60 m10%

Laboratorio de ensaios60 m60 m20%

Aula polivalente60 m40 m15%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Procedementos de mecanizado.

* Preparación e programación de máquinas de fabricación mecánica.

* Sistemas auxiliares de fabricación mecánica.

* Fabricación por arrinque de labra.

* Fabricación por abrasión, conformado e procedementos especiais.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Procedementos de mecanizado.

* Preparación e programación de máquinas de fabricación mecánica.

* Sistemas auxiliares de fabricación mecánica.

* Fabricación por arranque de labra.

* Fabricación por abrasión, conformado e procedementos especiais.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

160Procedementos de mecanizado

320Preparación e programación de máquinas de fabricación mecánica

345Fabricación por arrinque de labra

55Seguridade nas industrias de fabricación mecánica

4º, 5º e 6º trimestre

130Sistemas auxiliares de fabricación mecánica

195Fabricación por abrasión, conformado e procedementos especiais

145Control das características do producto mecanizado

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.