Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.504

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (215/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas número 215/1995, que neste xulgado se segue por lesións en accidente de tráfico, dictouse sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Santiago de Compostela, o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 215/1995, seguidos por lesións con motivos da circulación, sendo parte denunciante Antonio Jesús Jeremías Juariguiberri, María del Carmen Suárez Mato, maiores de idade, baixo a representación procesual do procurador José Paz Montero, coa defensa letrada de Evaristo Nogueira Pol, denunciante Dolores Picon Villaverde, maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Mª Soledad Sánchez Silva e coa defensa letrada de José Daniel Taboada Ponte; aparecendo como parte denunciada José Severino Márquez Freire, maior de idade; denunciada como responsable civil subsidiaria a entidade Transportes Duco, S.A., denunciada como responsable civil directa a entidade aseguradora La Patria Hispana, baixo a representación procesual do procurador Antonio Felipe Cuns Núñez, coa defensa letrada de Otilia Sánchez Garrido; o Ministerio Fiscal non se

mostrou parte. (Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos xurídicos).

Decido. Que debo condenar e condeno a José Severino Márquez Freire como autor responsable dunha falta de lesións con motivo da circulación do artigo 586 bis do Código Penal, á pena de 50.000 ptas., e a que, coa responsabilidade civil directa da entidade aseguradora La Patria Hispana e subsidiaria de Transportes Duco, S.A., se indemnice a Antonio Jesús Jeremías Jauriguiberri na cantidade de 2.980.210 ptas., a María del Carmen Suárez Mato na cantidade de 2.851.961 ptas., igualmente se indemnice a Dolores Picón Villaverde na cantidade de 8.110.000 ptas. Por tódolos conceptos, as ditas cantidades devengarán o xuro previsto no artigo 20 da Lei de contrato de seguro, a cargo da aseguradora condenada, desde a data do sinistro, así mesmo deberán aboa-lo pagamento das custas procesuais conxunta e solidariamente.

Contra esta sentencia pódese interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a José Severino Márquez Freire, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o tres de maio de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado

4304