Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.504

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (89/1996).

Nos autos que máis arriba se indican, seguidos por instancia do procurador Pazos Torrado, en nome e representación de María Eva Couto Varela, contra José Ramón Regueira Barbeito e Ministerio Fiscal, dictouse con data de 20 de abril de 1996 sentencia que contén o encabezamento e a parte dispositiva que literalmente di:

«Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous da vila de Carballo e o seu partido, pronunciou en nome de S.M. El-Rei de España a seguinte sentencia. En Carballo o vinte de abril de mil novecentos noventa e nove. Vistos os presentes autos de xuízo de separación conxugal número 89/1996, seguidos por instancia de María Eva Couto Varela, domiciliada na Brea, Carballo, representada polo procurador Pazos Torrado, contra José Ramón Regueira Barbeito, en paradoiro descoñecido e coa intervención do Ministerio Fiscal. Decido que, estimando a demanda de separación interposta polo procurador Pazos Torrado, en nome e representación de María Eva Couto Varela, contra José Ramón Regueira Barbeito e o Ministerio Fiscal, debo decretar e decreto a separación xudicial do matrimonio contraído por María Eva Couto Varela e José Ramón Regueira Barbeito cos efectos legais que sexan propios e en particular os establecidos no fundamento xurídico segundo desta

sentencia, todo iso sen expresa imposición das custas procesuais. Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ó rexistro civil en que conste inscrito o matrimonio dos proxenitores para os efectos oportunos. Contra esta sentencia pódese interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte día da súa notificación perante a Audiencia Provincial da Coruña. Déixese testemuño da presente resolución nos autos á que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándooo e asínoo».

E, en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde José Ramón Regueira Barbeito, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Carballo o vintenove de abril de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza

Rubricado