Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.487

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Limpiezas Faro, S.L. para o período do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do 2000, ámbolos dous incluídos.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Limpiezas Faro, S.L. (nº rexistro 8200172) para o período do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do 2000, ámbolos dous inclusive, que se subscribiu o 8 de marzo de 1999, entre os representantes da empresa e os traballadores, de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei dos estatutos dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta dirección xeral de relacións laborais.

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la sua publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio cabinas telefónicas para Galicia

Acta primeira e última reunión.

Asistentes:

CC.OO.:

Juan González Pérez.

Enrique Couso Suárez.

Antonio Marzo Nogueira.

Asesora: Carmen Segurana Bedrina (CC.OO.).

Representación empresarial:

Miguel Casares González.

Paulino Macía Lucas.

Mª Paulina Díaz Lamela.

Secretario de actas: Enrique Couso Suárez.

En Vigo, nos locais da empresa Limpiezas Faro, S.L. ás 16.30 horas do 8 de marzo de 1999, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal de mantemento, recadación, reconto de moedas, limpeza e publicidade das cabinas telefó

nicas da empresa Limpiezas Faro, S.L. actual contratista para as catro provincias de Galicia, comeza a reunión coas persoas relacionadas á marxe.

Tras diversas e amplas de deliberacións ambas partes acordan prorroga-lo texto do convenio con efectos do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 2000, aplicando para o ano 99 un incremento do 2% en tódolos conceptos salariais do ano 1998, incluída a gratificación festiva que se veu cobrando a razón de 14.932 ptas. por festivo e traballador.

O incremento salarial para o 2000 acórdase que sexa do IPC do ano 1999 máis medio punto.

Igualmente acórdase que o artigo 11 «Xornada de traballo» quede establecido da seguinte maneira:

«Establécese unha xornada semanal de 38.30 horas en xornada continuada de luns a venres. Os sábados traballarán soamente o 50% do cadro de persoal».

Co mesmo criterio, acordase que o importe de préstamos segundo o artigo 19 do convenio vixente sexa de 250.000 ptas. máximo por persoa que se devolverá en 15 mensualidades sen xuros.

Dáse lectura á presente acta e ás táboas salariais, que son aprobadas polas partes, procedendo á súa sinatura en proba de conformidade e acordando a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 18.30 horas do día arriba sinalado.

Táboa salarial para o ano 1999 do convenio cabinas telefónicas de Galicia

Grupo A (mandos).

a) Encargado provincial, xefe de servicios: 187.002 ptas.

b) Encargado de zona: 137.287 ptas.

c) Responsable de equipo: 136.808 ptas.

Grupo B (subgrupo de reconto).

a) Oficial reconto: 133.799 ptas.

b) Auxiliar reconto: 132.906 ptas.

Subgrupo de recadación e limpeza.

a) Conductor-limpador-recadador: 133.799 ptas.

b) Limpador: 132.906 ptas.

Subgrupo de mantemento.

a) Oficial mecánico, cerralleiro ou eletricista: 133.799 ptas.

b) Aprendiz: 86.573 ptas.

Hora extra: 1.634 ptas.

Gratificación transporte: 10.712 ptas.

Gratificación asistencia: 8.590 ptas.

Prima de producción: 15.932 ptas.