1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número expediente: L99/3.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: limpeza. b) Lugar de execución: biblioteca de Monte Alto. c) Prazo de execución: un ano, prorrogable tacitamente en sucesivas anualidades nun máximo de seis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 2.400.000 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidad: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de claúsulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ó día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Registro Xeral de Entrada.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual.
e) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contenido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de limpeza da biblioteca de Monte Alto.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 13 de maio de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado