Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
Obxecto do contrato: a instalación de rede de sumidoiros, incluída no proxecto do enxeñeiro técnico de OP, Montero Vaz, mailas melloras que se poidan ofertar.
Prazo de execución: tres meses.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Tipo de licitación: 21.505.708 ptas.
Garantía provisional: 430.114 ptas.
Garantía definitiva: 860.228 ptas, máis unha garantía complementaria equivalente ó 4% das melloras ofertadas.
Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.
Información: chamando ó Concello da Estrada, Tlfo: 57 01 65, extención 15.
Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral, das 9 ás 13 horas.
Presentación de ofertas en tres sobres: no sobre 1 presentarase a documentación que se establece no prego de condicións. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. Sobre 3: melloras ó proxecto
ou realización de obras análogas a maiores debidamente cuantificadas e especificadas.
Apertura: en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Os pregos íntegros remitiranse por fax ós que o soliciten, publicados no BOP do 13-4-1999.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Estrada, 19 de abril de 1999.
O alcalde
Rubricado