1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número expediente: O99/28.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de pasarela atirantada en Mato Grande.
Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 80.000.000 de ptas.(IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. E-mail: cristinart*aytolacoruna es f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: grupo B, subgrupo 4, categoría d; grupo K, subgrupo 2, categoría c.
8. Presentación de proposicións.
a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ó día de finalización do prazo, quedará éste automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Registro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: ata tres.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contenido (Proposición económica, Documentación administrativa e
Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de pasarela atirantada en Mato Grande (Ref. O99/28).
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 12 de maio de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado