Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS de 30 de abril de 1999, adoptada en virtude de
delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Val de Lemos, S.L., por un importe de seis millóns seiscentas noventa e catro mil seiscentas oito (6.694.608) pesetas, IVE incluído, para un prazo de execución de tres (3) meses.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José A. Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo