Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Admi

nistración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Saneamento en Recesende. (Teo-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Sangiao, S.A.

Orzamento: 33.900.000 ptas.

-Abastecemento integral ó concello de Moeche-primeira fase. (Moeche-A Coruña).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 110.588.241 ptas.

-Colectores de pluviais do núcleo urbano de Boiro-primeira e segunda fase. (Boiro-A Coruña).

Adxudicatario: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

Orzamento: 82.508.000 ptas.

-Renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga en Chao do Pousadoiro. (Ribeira de Piquín-Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Noceda, S.L.

Orzamento: 18.197.000 ptas.

-Abastecemento de auga a Lamaigrexa, Castroncelos, Estación, Brence, Cereixa, A Pobra de Brollón e Salcedo. (A Pobra de Brollón-Lugo).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 61.600.000 ptas.

-Abastecemento e saneamento en Rairiz de Veiga-primeira fase. (Rairiz de Veiga-Ourense).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 33.385.000 ptas.

-Captacións en núcleos rurais-fase II. (Os Blancos-Ourense).

Adxudicatario: Lorvicón, S.L.

Orzamento: 22.579.258 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia