Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-39/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado a partir do día desta publicación poderá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción farase efectivo no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) na conta aberta en Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897). De non facelo dentro deste prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 19 de abril de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nº E.S. OU-39/98.

Presunta responsable: Rosa Sánchez Pérez.

Último enderezo coñecido: Avda. Vigo, 1B, bloque II, 9ºC.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Cualificación da infracción: grave (Art. 5c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.