Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 88/99, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Javier Ruíz de Almirón Schlung, funcionario desta delegación; que poderá ser recusado en calquera momento de expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 27 de abril de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: Nº IF 88/99.

Denunciado: José Manuel López Agrelo (DNI 34.264.225).

Ultimo enderezo coñecido: San Pedro de Calde, nº 24-Lugo.

Feitos imputados: efectuar unha queima amoreada de mato, carecendo da preceptiva autorización de queima.

Precepto sancionador: 137 b) Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 10.000 ptas.