Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-149/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador, por infracción a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no Art. 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no Art. 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 27 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 149/98.

Denunciado: Manuel Conde Lorenzo.

Enderezo: lugar Cimadevila-Arcade-Soutomaior.

DNI: 35.870.700.

Feitos denunciados: cazar con dous cans sen licencia, ás 11 horas do día 19-11-1998, lugar A Peneda, concello Soutomaior.

Data do acordo da incoación: 5-3-1999.

Precepto infrinxido: 58.2º da Lei 4/97, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/97, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.