Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, da notificación da resolución do expediente sancionador IF-166/98 (incendios Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 70, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da presente publicación conforme ó Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Lugo, 27 de abril de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: IF-166/98.

Denunciado: Rogelio Varela López.

DNI: 33.348.028-Y.

Dirección: r/ Lamas de Prado, 222, Lugo.

Feito denunciado: acender lume para queimar rolos de cobre con envoltura de plástico, en lugar non

autorizado e inadecuado para iso, xa que se trata dunha zona con arboredo e de recreo.

Precepto infrinxido: artigo 137 b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 10.000 ptas. de multa.