Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Concepción Arenal-Méndez Núñez.
Situación: Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 506 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Concepción Arenal ata a liña que une os CC.TT. Forte e Méndez Núñez, concello de Cangas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 13 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
4288