Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 99/2-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de productores eléctricos, creado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, dunha planta de coxeración, que ten como características principais as seguintes:

a) Peticionario: Cerámica La Manchica, S.A., con domicilio social na Manchica s/n, A Merca (Ourense).

b) Localización: dentro do complexo fabril de Cerámica La Machica, S.A.

c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, para un mellor aproveitamento enerxético na factoría.

d) Equipamento básico: 2 grupos motoxeradores, con motor térmico Guascor E 318-TA 2 L de 688 CV/u a 1.500 r.p.m., alimentado por gasóleo, e alternador LSA 49 LGA de 500 kVA/u de potencia, Cos º=0,8, e frecuencia 50 Hz. Caldeira de recu

peración de calor de gases de escape (350 kcal) e intercambiar auga/aire para unmha potencia de 350 kcal. Un depósito para combustible de 50.000 l de capacidade e outro nutriz de 1.000 litros. Equipamento de elementos de protección, mando, sinalización e media necesarios.

e) Orzamento: 35.500.000 ptas.

O que se fai pública para que os interesados poidan examina-lo anteproxecto da instalación nesta Delegación Provincial, situada na rúa Curros Enríquez nº 1-4º de Ourense, e formular, no prazo de trinta diás a partir da publicación deste anuncio, as reclamacións que se consideren oportunas.

Ourense, 12 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense