Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/30-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: ampliación da subestación de Velle.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: composte actualmente por un parque de 220 kV de dobre barra con acoplamento entre ámbalas dúas transformacións de 220/20 kV de 40 MVA cada unha, dúas posicións de transformación 220/11 kV dos xeradores de grupo de 50 MVA e unha posición de liña á central hidráulica de Castrelo.

Amplíase cunha nova posición de liña de 220 kV á central hidráulica de San Pedro (propiedade de Iberdrola, S.A.), equipada cun interruptor tripolar, 2 seccionadores tripolares tipo pantógrafo, 3 transformadores de intensidade, 1 seccionador tripolar rotativo con coitelas de liña de posta á terra, 3 transformadores de intensidade inductivos, e autoválvulas e equipos de protección, mando e medidas necesarias.

Orzamento: 43.517.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4245