Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da execución de cartografía pola Dirección Xeral de Urbanismo.

1. Nome, enderezo, números de teléfono e fax do órgano de contratación:

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Urbanismo.

Teléfonos: 981 54 43 71 e 981 54 43 82.

Faxes: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

2. Categoría de servicio e descrición (artigo 207 da Lei 13/1995, do 18 de maio). Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Asistencia técnica para execución dos traballos de execución de cartografía pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Procedemento: concurso aberto.

Clave: 99-09-ESUR.

Orzamento: 377.319.150 pesetas.

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia (España).

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo de execución.

20 meses a partir da sinatura do contrato.

6. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente.

Ver punto 1 deste anuncio.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude.

Durante o prazo de presentación de ofertas.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o día 20 de xullo de 1999, ás 10 horas.

8. Garantías esixidas.

Fianza provisional: 7.546.383 ptas.

9. Modalidade de pagamento.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

11. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

a) A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras.

b) A solvencia técnica acreditarase polos medios expresados na cláusula 1.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares

12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta.

Tres (3) meses desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Información complementaria.

Os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

15. Data de envío do anuncio.

20 de maio de 1999.

16. Data límite de presentación de ofertas.

14 de xullo de 1999.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda