Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iníciase expediente de substitución e unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:
* V-0122; XG-005, Cotá-Lugo.
* V-0369; XG-018, Lugo-Aspai, con prolongación e anexos,
Da titularidade da empresa Lafercar, S.L.
Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Edf. Adtivos.-Ronda da Muralla, 70), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes