Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Fundación Formación e Emprego (Forem) a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada pola Fundación Formación e Emprego (Forem) e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación da cualificación de entidade recoñecido para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-86).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Outorgarlle á Fundación Formación e Emprego (Forem) a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido

no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante a Dirección Xeral de Industria e Comercio, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria