Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (115/1995).

Dolores Vilar Hortas, xuíza accidental de instrucción número un dos de Padrón, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 115/1995, no que se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Padrón, vinte de setembro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz en Prov. temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, os presentes autos de xuízo de faltas número 115/1995, por imprudencia simple, con intervención do Ministerio Fiscal, nos que foron partes: Severino Padín Leiro, como denunciante, Santiago López Eiras, como denunciado, así como a entidade aseguradora Schweiz, como responsable civil directo, e Robustiano Perol Reibas, como responsable civil

subsidiario, dos que constan as circunstancias persoais en autos, de acordo cos seguintes, decido:

Que debo condenar e condeno a Santiago López Eiras como penalmente responsable en concepto de autos, da falta xa definida, á pena de 50.000 pesetas de multa e a que indemnice a Severino Padín Leiro en 420.000 pesetas en concepto de días de curación e de incapacidade, e na cantidade de 700.000 pesetas en concepto de secuelas, así como a cantidade que en execución de sentencia se determine e acredite en concepto de gastos médico-farmacéuticos e de desprazamento; todo iso coa responsabilidade civil directa da entidade aseguradora Schweiz e subsidiaria de Robustiano Perol Reibas.

Notifíqueselles esta sentencia ó Ministerio Fiscal e ás partes na forma establecida no artigo 248 n.4 da LOPX, e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da notificación, mediante escrito debidamente fundamentado, presentado ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño ós autos e o orixinal ó libro de sentencias, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación e para que lle sirva de notificación a Santiago López Eiras, expido este edicto en Padrón o quince de abril de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado