Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Xoves, 27 de maio de 1999 Páx. 6.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (204/1999).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Jesús Sixto Villar Suárez contra Tepelim, S.L., sendo tamén parte Fogasa, nos que con esta data se dictou resolución do seguinte teor literal:

«Providencia do maxistrado xuíz Mata Lostes.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

Dada conta, por modificación do réxime de sinalamentos deste xulgado, suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 19 de maio, sinalándose novamente para o día 9 de xuño, ás 10.10 horas, debéndose expedir para os devanditos efectos as correspondentes cédulas de citación e

edicto ó DOG para a citación do demandado en paradoiro descoñecido, reiterándolles ás partes as mesmas prevencións e requirimentos que os efectuados para o primeiro dos sinalamentos. Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que non é firme e que cabe interpor recurso de reposición perante este mesmo xulgado no prazo de tres días.

Acórdao, mándao e asínao S.Sª, do que dou fe».

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado Tepelim, S.L. expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1999.

O secretario

Rubricado