Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en edificio r/ Fomento . (O Vicedo).
Situación: O Vicedo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea ó C.T. da rúa Fomento de 260 m de lonxitude a 20 kV baixo tubos de fibrocemento en conductor D.H.Z.1. C.T. de interior na rúa Fomento de 630 kVA de potencia e relación 20.000/400-230 V. R.B.T. subterránea na rúa Fomento de 100 m a 400/230 V baixo tubo de polipropileno reticulado de alta densidade en conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 16 de abril de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo