Convocado o concurso 1/1998, para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 250, do 29 de decembro de 1998, e á vista das propostas realizadas polas comisións encargadas de valorar os méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficina de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.
Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
As reclamacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
4239