Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de dispensa de grao para policías locais, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
O curso ten por obxectivo dota-los policías dunha formación complementaria en materia de actuali
zación policial, que lles sexa útil no desempeño posterior da súa profesión e ó mesmo tempo dispénsaos dun grao na titulación do grupo C ó grupo B (diplomatura), segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia.
Destinatarios.
O curso vai dirixido a todos aqueles suboficiais das policías locais de Galicia que non ingresaran no corpo de policía local a través da Academia Galega de Seguridade e poidan atoparse na situación prevista na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia; tamén poderán asistir sarxentos e suboficiais das policías locais de Galicia que non atopándose nesa situación, teñan interese na actualización de coñecementos en materias policiais, organizativas e de dirección.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta antes do 5 de agosto de 1999 para efectua-la correspondente reserva de praza.
Prazas.
Sen límite.
Solicitudes.
1. Os policías que desexen asistir a este curso deberán remitir un escrito, a través do concello, á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso de dispensa de grao para policías locais para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.
2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 5 de agosto de 1999.
3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura s/n, 36680 A Estrada.
Contido e duración.
O curso celebrarase na Academia Galega de Seguridade, sita na avenida da Cultura s/n, no concello da Estrada, os mércores en horario de mañá e tarde, e terá unha duración de 360 horas lectivas.
O curso está composto polas seguintes áreas:
-Área xurídica.
-Área humanística.
-Área técnica policial.
-Área operativa policial.
-Área de xestión e dirección.
Datas.
O curso principiará no vindeiro mes de setembro de 1999, quedando por determina-la súa data de comezo, que se comunicará coa suficiente antelación.
O horario será de 9.45 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
Desenvolvemento do curso.
Os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia na academia rexeranse polo Regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-7-1995, nº 144.
Certificado.
Ó remate do curso entregaráselles un certificado a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este e superen as correspondentes probas de coñecementos.
Este curso habilitará da dispensa dun grao na titulación do grupo C ó grupo B (diplomatura), segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia.
Modificacións.
A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 29 de abril de 1999.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade