Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 26 de maio de 1999 Páx. 6.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a organización feiral de Galicia.

-Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio.

Número de expediente: 1/99.

-Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a realización dun estudio sobre o sector feiral co obxectivo de contribuír á analise e facilita-lo proceso de decisión orientado a defini-lo modelo máis axeitado de xestión e financiamento para os recintos feirais da Comunidade Autónoma.

Lugar de execución: a Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: 3 meses a partir da sinatura do contrato.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

-Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.000.000 de pesetas, IVE incluído.

-Garantías.

Provisional: 200.000 ptas.

-Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

-Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Enderezo: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

-Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económico-financeira a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados destes de conformidade co artigo 19 b) da LCAP.

-Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

-Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio