Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Pimpinela.

Visto o expediente incoado por Dolores Suárez Suáres, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa

do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado Pimpinela, outorgado pola orde ministerial do 31-10-1972, situado na cuadrícula nº 61, do polígono C de Cambados, rematando a concesión o 29-11-2002, e do que eran titulares Arturo Cousido Blanco e Dolores Suárez Suárez.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, copia do testamento outorgado o 12-7-1994 por Arturo Cousido Blanco, e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Juan Ramón Cousido Suárez (35.443.800); Arturo Cousido Suárez (35.437.728) e Dolores Suárez Suárez (35.405.164).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 8 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo