Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome do viveiro: Touzada.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 115 Cambados C.
Data da concesión: 8-11-1972.
Data do remate da última prórroga: 30-11-2002.
Anteriores concesionarios: Suárez Lojo, Ramón (35.398.289) e Viana Gómez, Celestina (35.371.789).
Novos titulares da concesión: Suárez Lojo, Ramón (35.398.289); Suárez Viana, José Mª (35.448.467); Suárez Leiro, Esperanza (35.428.930) e Rial Suárez, Mª Luisa (35.448.772).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 8 de abril de 1999.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134 do 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo