Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Susana.

Visto o expediente incoado por Manuela Sineiro Vieites, no que solicitan o cambio de dominio mortis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado Susana, outorgado pola orde ministerial do 16-1-1975, situado na cuadrícula nº 64, do polígono A do Grove, rematando a concesión o 18-2-2005, e do que eran titulares Benito González Dios e Manuela Sineiro Vieites.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, copia do testamento outorgado por Benito González Dios, e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Manuela Sineiro Vieites (76.842.051); Benito González Sineiro (35.431.529); Susana González Sineiro (35.447.064); Mª Encarnación González Sineiro (35.456.730) e Olga González Sineiro (35.455.522).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 8 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo