Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Esther II.

Visto o expediente incoado por Dolores e Mª Rosa Padín Ochoa, no que solicitan o cambio de dominio mortis-causa do viveiro flotante de cultivo de mexillón denominado Esther II, outorgado pola orde ministerial do 14-5-1975, situado na cuadrícula nº 99, do polígono G do Grove, rematando a concesión o 19-6-2005, e do que eran titulares Juan Padín Lijo e Carmen Ochoa Padín.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, copia do testamento outorgado por Carmen Ochoa Padín así como a escritura de partición de herdanza do 9-7-1998, e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Dolores Padín Ochoa (76.851.545) e Mª Rosa Padín Ochoa (76.855.205).

As novas titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigadas a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 8 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo