En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,
RESOLVO:
Facer público que se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa, de acordo coas peculiaridades dos bens reflectidas no informe da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural do 7 de maio de 1998, na adquisición dos predios situados no lugar de Quintela, parroquia de Catasós, termo municipal de Lalín (Pontevedra).
Santiago de Compostela, 14 de abril de 1999.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio