Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999 pola que se fai pública a adxudicación da contratación de consultoría e asistencia técnica para a realización da segunda fase de avaliación intermedia do programa operativo de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do contrato que se identifica a continuación:

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto do contrato.

a) Realización da segunda fase da avaliación intermedia do programa operativo de Galicia 1994-1999 cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

b) Data de publicación da licitación no DOG: 25 de xaneiro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.000.000 de pesetas, IVE incluído (42.070,85 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de febreiro de 1999.

b) Contratista: Investigaciones y Asistencia Técnica QUASAR, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 6.960.000 pesetas (41.830,44 euros).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio