Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolución do secretario xeral actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveuse adxudica-los seguintes contratos:

Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A., importe de adxudicación: 9.048.000 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Sema Group, S.A.E., importe da adxudicación: 7.976.000 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Concentración Parcelaria).

Altia Consultores, S.L., importe da adxudicación: 7.658.000 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Inforhouse, S.L., importe da adxudicación: 15.000.000 de pesetas, correspondente a subministración de material informático para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do SXPA.

Altia Consultores, S.L., importe da adxudicación 8.748.000 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (xestión de establecementos de cultivos mariños).

Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A., importe da adxudicación 7.447.200 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

QED Systems, S.L., importe da adxudicación 12.892.000 pesetas, correspondente á subministración de licencias de Microsoft Word para a plataforma informática da Xunta de Galicia.

Altia Consultores, S.L., importe da adxudicación 120.000.000 de pesetas, correspondente ó servicio de apoio técnico funcional á explotación do SXPA.

Unisys España, S.A., importe da adxudicación 125.012.821 pesetas, correspondente ó servicio de administración da plataforma informática (rede de datos) da Xunta de Galicia.

Fujitsu ICL España, S.A., importe da adxudicación 5.567.714 pesetas, correspondente á subministración de 13 routers e 17 módulos de memoria Flash, 17 módulos de memoria Ram e 13 V35 DTE para routers Cisco.

Altia Consultores, S.L., importe de adxudicación 4.499.100 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia da Consellería de Industria e Comercio (Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia).

Sema Group, S.A.E., importe da adxudicación 8.972.800 pesetas, correspondente á aplicación complementaria integrada co SXPA da Xunta de Galicia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º. da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública