Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999 pola que se anuncia a adxudicación do contrato que se cita.

Por resolución do secretario xeral actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Contratación da subministración de material para a informatización da Asesoría Xurídica Xeral, convocado por concurso aberto e trámite de urxencia.

Adxudicatario: Inforhouse, S.L.

Importe: 8.200.000 pesetas, IVE engadido.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública