Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.270

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (69/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 69/1999, contra a orde pública, cítanse os denunciados, Asunción Manteiga Camafreita e José Domínguez Trillo, dos que se descoñecen os seus domicilios actuais, para que o vindeiro día 9 de xuño, ás 11.50 horas, comparezan na sala de audiencia deste xulgado para asistiren ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que poden ser asistidos de avogado e de que deberán acudir coas probas que teñan e prevíndoos de que, de non o facer, poderán incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que as súas ausencias non suspenderán a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo a asino esta cédula en Santiago de Compostela o 4 de maio de 1999.

O/A secretario/a

Rubricado