Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 25 de maio de 1999 Páx. 6.270

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (68/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 68/1999, contra a orde pública, cítase o denunciado, Santos Martínez Alonso, do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 9 de xuño, ás 11.30 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo a asino esta cédula en Santiago de Compostela o 4 de maio de 1999.

O/A secretario/a

Rubricado