Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/111-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 171, 15000 Cée.

Denominación: LL.MM.TT., CC.TT., RR.BB.TT. Reboredo e Cabanude.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea de 1.165 m en conductor LA-56 que parte da L.M.T. San Crimenzo-Paxareiras e termo no C.T. Reboredo de 50 kVA. Ramal aéreo de 45 m que parte do apoio nº 4 da L.M.T. anterior e final no C.T. Cabanude de 50 kVA. Redes BB.TT. dos CC.TT. anteriores. Concello de Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña