Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/114-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cée.

Denominación: L.M.T. Sub. subestación Pontella-Fisterra.

Situación: Cée-Corcubión.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 3.580 m en conductor R.H.V. 12/20 kV, de 240 mm Al, que parte da subestación de Pontella e final no C.T. Corcubión II (Garda Civil) pasando polos CC.TT. Fenlla, Fenlla II, Bambeo e paseo marítimo. Cée e Corcubión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña