Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cée.
Denominación: L.M.T., C.T. 50 kVA e R.B.T. en Churia de Meanos.
Situación: Zas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 176 m, en LA-56 que parte da L.M.T. Castelo-Roalo-Edreiras-Pitierias e final no C.T. de Churia Meanos de 50 kVA e R.B.T. de 450 m, en R.Z. Concello de Zas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 20 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña