Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (8/1999).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da faltas número 8/1999, que se segue por coaccións, cítase a María Dolores Gil Rodríguez para que o vindeiro día once de xuño, ás 9,45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciante, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multada conforme a lei e recaeren sobre ela os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistida por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a María Dolores Gil Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o 29 de abril de 1999.

A secretaria

Rubricado