Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de abril de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se fai público o extravío do xustificante de depósito 507/1993, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do resgardo de depósito nº 507/1993 constituído o día 7 de outubro de 1993, en Vigo, por medio de aval bancario, polo importe de 4.395.055 ptas, e que garante a Oreco, S.A.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de América, 1-torre 1ª-2º.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Vigo, 26 de abril de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)