Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e emprazamento (567/1994).

En autos de xuízo de cognición seguidos co número 567/1994, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A. contra José Francisco González Ballesteros, sobre cognición dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove.

O anterior escrito presentado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, únase ós autos da súa razón e segundo interesa nel, emprácese o demandado José Francisco González Ballesteros, por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, sinalándose un prazo de nove días improrrogables para comparecer. Se comparece, concederánselle tres días para contestar, entregándolle as copias da demanda e documentos, se é o caso, ó notificarlle a providencia en que se o teña por comparecido, segundo determina o artigo 39 da Lei de axuizamento civil.

Así o acorda e asina; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado José Francisco González Ballesteros, esténdese a presente cédula para que sirva de notificación e emprazamento en Santiago de Compostela o vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado