Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.203

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de maio de 1999 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza vacante na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma

de Galicia como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto ou os postos de traballo se se considerase oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior está na mesma localidade có novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, en que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día

seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

Código: PE.C99.10.000.36560.028.

Denominación do posto de traballo: habilitación.

Centro directivo: Delegación Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.

Corpo ou escala: Administración xeral.

Grupo: BCD.

Nivel: 18.

Complemento específico: 545.160 ptas.