Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.205

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 3 de xuño de 1999, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo

de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 29 de maio de 1999, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que

corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 5 de maio de 1999.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 30-10-1998 (BOE do 28-11-1998).

Concurso nº: 67.

Nº sorteo: 37919.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Ramón Pérez Otero.

Concurso nº: 65.

Nº sorteo: 37920.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: Antonio Ángel Blanco Ferro.

Vocal secretario titular: Ramón Fuentes González.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 11-1-1999 (BOE do 5-2-1999).

Concurso nº: 1629.

Nº sorteo: 38005.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: M. Teresa Fanego Lema.

Vocal secretario titular: Francisco J. Coy Ferrer.

Concurso nº: 1630.

Nº sorteo: 38006.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: didáctica e organización escolar.

Presidente titular: Miguel Ángel Zabalza Bezara.

Vocal secretario titular: María Lourdes Montero Mesa.

Concurso nº: 1631.

Nº sorteo: 38007.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: M. Teresa Fanego Lema.

Vocal secretario titular: Luis Iglesias Rábade.

Concurso nº: 1632.

Nº sorteo: 38008.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Presidente titular: M. Teresa Fanego Lema.

Vocal secretario titular: Ignacio Manuel Palacios Martínez.

Concurso nº: 1633.

Nº sorteo: 38009.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: medicina e cirurxía animal.

Presidente titular: Felipe Ramón Prieto Montaña.

Vocal secretario titular: Luis E. Fidalgo Álvarez.

Concurso nº: 1634.

Nº sorteo: 38010.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: óptica.

Presidente titular: Carlos Gómez-Reino Carnota.

Vocal secretario titular: José Ramón Flores Seijas.