Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.203

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se modifica a programación do curso C-6 conforme o disposto no artigo 1.3º da Orde do 1 de decembro de 1998 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional de 1999.

Á vista das solicitudes presentadas para o curso C-6, con base no previsto no artigo 1, punto 3º,

da Orde do 1 de decembro de 1998 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do plan autonómico de formación de formadores de formación profesional ocupacional de 1999, esta delegación provincial resolve modifica-la programación provincial da Coruña nos seguintes temas: curso C-6, atrásase o seu inicio á primeira quincena do mes de outubro.

A Coruña, 26 de abril de 1999.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña