Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Luns, 24 de maio de 1999 Páx. 6.203

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo relativo á revisión salarial para o ano 1999 no convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria.

Visto o texto do acordo relativo á revisión salarial para o ano 1999 no convenio colectivo para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (código 2700762), asinado o día 5 de marzo de 1999, pola representación da dita empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do dito acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de abril de 1999.

(Dto. 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial

Táboas salariais para o ano 1999-03-05

Categorías

Salario

base

Gratificación

asistencia

Gratificación

Dom. festivos

Auxiliar de clínica94.87811.2375.729

Cociñeira94.87811.2375.729

Axudante de cociña89.08011.2375.729

Camareira limpadora89.08011.2375.729

Oficios varios89.08011.2375.729